Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 22/11/2016 12:39

Crónica Infantil Feminino 1ª División: Coa luz apagada

Crónica Infantil Femenino 1ª División: Con la luz apagada

"Gustaríame saber de que cor é a luz dunha vea cando está apagada".

(Juan Cruz, "O soño de Oslo").

Fagamos unha cousa. Xoguemos ás escuras. Eu farei que non me acordo do que sabes facer e ti non me coñeces de nada. Coma se non houbese partido de ida. Eu esquecereime de que corrías moito e anotabas todo o que tirabas, e ti esquecerasche de que eu non chegaba a defenderche. Así ti diraslle aos teus: había unha moza que se parecía unha chea a unha do partido que xogamos en casa... pero non, non pode ser ela porque a que vin hoxe defende a matar e xoga a un ritmo endiablado.

Non hai nada como mirarse á cara antes de saír á pista. Esquéceche do rival, das xogadoras de selección e do marcador da ida. Temos baixas, si, pero estamos aquí para dar a cara. Saímos coa marca da casa, presión a todo campo e algún guantazo de máis pola emoción. Duras dous minutos na pista e sales con esa cara de felicidade das pulsaciones a 200 porque sabes que o estás dando todo e que vas volver. (18-15) no primeiro, ver para crer. Chega o segundo cuarto e ambos os equipos son conscientes de que ese ritmo mata, facemos as paces (6-8) e cunha chea de imprecisións ímonos un arriba ao descanso. Incrible, por primeira vez fixemos máis faltas.

A pesar de que xa pesan as pernas seguimos aí, asomando a cabeza e botando a gadoupa a cada posesión rival, coa mesma vantaxe á metade do terceiro cuarto. E ata aí chegou o meu amor, acabóusenos o combustible e o (22-9) que resumiu o cuarto fíxonos pensar que se cadra xa se distanciaban demasiado. Saímos no último dispostas á remontada, con algunhas rabexadas pero exhaustas polo esforzo previo, e pechamos un digno (7-13) que nos sabe a pouco pero que nos dá a pista do camiño correcto. Xa chegarán os 40 minutos a todo pulmón, pero agora sabemos que nos temos, porque conseguimos confiar nesa que se ata as zapatillas ao meu lado de présa e correndo porque chega xusta, nesa que corre cega ao contrataque e que sabes que a vai a embarcar, ou nesa que se xoga 4 triplos seguidos porque eu válloo. E si, resulta que o vallo porque as outras 11 confían en min.

"Non hai éxito sen compromiso e non hai compromiso sen confianza. A confianza é binaria, ou se ten ou non se ten, non hai termos medios".

(José Ramón Cuspinera, "Jota").

BASQUET CORUÑA LEYMA: (18+6+9+7) 40: Laura Ibáñez, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

ESTUDANTES DE LUGO: (15+8+22+13) 58: Mulet, A., Prado, C., Fernández, E., Lebron, E,. Corujo, C., Díaz, C., Ranero, E., Fernández, M., Pita, A., Maio, B., López, S.

Adestrador: Álvaro Abuin.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city