Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 01/02/2016 19:37

Crónica Infantil Feminino 02: Partidazo

Crónica Infantil Femenino 02: Partidazo

Partidazo. Nin medias tintas nin falsas modestias. É o único que se me ocorre dicir respecto ao espectáculo que as xogadoras do Leyma 02 regalaron aos seus pais e demais asistentes o pasado sábado na pista de Culleredo, contra un líder que estivo á altura da súa clasificación na táboa. Xogar en parquet, con fotógrafo a pé de pista e un ambientazo por parte das dúas afeccións non merece outra resposta que as zapatillas ben atadas e a merecerse a camiseta.

Empezou o encontro coa intensidade esixida, e coas xogadoras convencidas de que o arranque era fundamental para disputar a vitoria. Plantámonos na pista como un equipo serio que sente competente, e crémonolo/crémosnolo durante o primeiro cuarto (10-15). Con pernas novas e un quecemento intenso, as xogadoras ganduxaban ataques rápidos e roubaban balóns coa pillería dun esquío. O segundo cuarto xa foi outra cousa. As locais fixeron gala da súa capacidade reboteadora e encerrámonos na pintura engurradas pola reacción de Culleredo (19-10), que elevou o seu acerto anotador e levounos ao descanso 4 puntos abaixo (29-25).

Tras un descanso no que recapacitamos sobre o noso lugar no mundo, volvemos á pista dispostas a pór toda a carne no asador. Volveu soar a música, cunha gran mobilidade en ataque, un xogo moi aberto e fluído e excelentes pases ao corte (16-19). Así as cousas chegamos aos últimos dous minutos e medio de xogo un punto abaixo, decidimos que tensabamos de novo a corda e que gañe o mellor? E gañounos. Durou a intensidade o que nos duraron as pernas, e ao final levámonos un castigo un tanto excesivo coas inevitables bágoas daquelas que aínda conservan a ilusión.

Fixemos bo aquilo de que o rival nos fai mellores; agora a deixar de mimetizarnos e a parecernos cada vez máis ao que queremos ser. Tendo en conta que perdemos a ida 34-64, todo parece indicar que non imos do todo mal?

C.B. Culleredo (10+19+16+21) 65: Fleiffel, Domínguez, Lado, Raizan, Pernas , Matogueira, Fernández, Rivas, Segade, Borrás, Rorado e Praza.

Adestradores: Gonzalo Faya e Ana Quiroga.

Básquet Coruña Leyma 02 (15+10+19+11) 55: Adela Villar, Sara Lara, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sara Fernández e os alevíns Martina Gutiérrez, Branca Fernández e Noelia Gutiérrez.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar