Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 27/01/2016 19:56

Crónica infantil feminino 02: Consellos dunha oruga

Crónica infantil femenino 02: Consejos de una oruga

Consellos dunha oruga.

- "Entón estás contenta co teu tamaño de agora - dixo a Oruga.

- Bo, señor, en realidade gustaríame ser un pouquiño máis alta, se non lle importa.

- Pois a min paréceme unha estatura perfecta! (...)

- Pero eu non estou adoitada! - replicou a pobre Alicia (...).

- Pois xa te adoitarás".

(Alicia no País das Marabillas)

Unha vez máis, un rival non só con dúas xogadoras que nos sacaban moitísima vantaxe, senón un equipo que corre. Que facer cando che gañaron na ida por 59-23 simplemente botándoche unha carreira. E se ademais plántanche un junco na zona que cun pouco de adestramento seguro que toca o aro? Traballar, traballar, traballar. Dous meses téñense que notar e notáronse.

Empezamos mal para o que estamos a facer ultimamente. As mozas do Infantil Feminino Leyma 02 saíron un pouco atenazadas pola presenza física do rival, encaixando no primeiro cuarto un 16-9 nada halagüeño, que nos lembraba o panorama da ida, aínda que cunha anotación substancialmente maior. No segundo cuarto se reconcentraron e volveron polos seus foros, á defensa intensa e os roubos de balón, con todas as xogadoras tocando a pista e animadas por unha bancada que non desconecta en ningún momento (9-10). Así as cousas fómonos ao descanso 7 abaixo, que non era exactamente o obxectivo pero parecíase bastante.

Na segunda parte moi boa continuidade do traballo defensivo, aínda que finalmente pagamos os puntos que non anotamos no terceiro cuarto (6-10). Gran final do último cuarto que nos levamos (12-8) grazas á presión permanente.
Sabor agridoce nun partido que perdemos de maneira moi digna por 36-44, onde recollemos os froitos do traballo e que non puidemos disputar porque, sendo realistas, as rivais fixeron os deberes e fomos sempre a remolque tentando enxugar a vantaxe que concedemos no primeiro cuarto. Talvez se a próxima vez crémosnolo/crémonolo non necesitamos esperar a crecer?

Básquet Coruña 36 (9+9+6+12): Adela Villar, Sara Lara, Lucía Méndez, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sara Fernández e os alevíns Martina Gutiérrez, Noelia Martínez e Branca Fernández. Animaron ao seu equipo Sofía Cernadas e Tania Viqueira (moita sorte para a operación, campioa!).

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

CD Os Rosales 44 (16+10+10+8): Cotelo, Vázquez, Álvarez, Castro, Otero, Fornillo, Canosa, González, Rodríguez, Sousa, Lozano, Liso, E.

Adestradores: Laura Rodríguez e Marcos Rodil.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi