Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 15/02/2016 13:23

Crónica Infantil Feminino Liga Galega: E van 4!

Crónica Infantil Femenino Liga Gallega: ¡Y van 4!

O sábado pola mañá o infantil feminino de Liga Galega do club conseguiu a súa cuarta vitoria da tempada, a cuarta consecutiva. E aínda que pensándoo parecía factible, chegar a conseguilo é realmente complicado e representa o premio ao seu traballo e a ter claro o seu obxectivo, ser mellores ao final de cada adestro e cada partido que antes de empezalo.

As de Coruña saíron concentradas ao partido, xogando duro en ataque pero sen finalizar ben, con tiros blanditos ou desequilibrados, polo que as de Lugo levaron o primeiro cuarto. Mellorando este aspecto no segundo e mantendo a súa intensidade defensiva, as nosas mozas conseguiron máis contraataques, mellores tiros e máis rebotes de ataque no segundo, podendo irse con vantaxe ao descanso.

A segunda parte foi de alternativas para os dous equipos, co equipo local sempre por diante no marcador, pero coas de Lugo reaccionando e remontando cada vez que parecía que as coruñesas podían romper o partido. Como aspectos negativos desta segunda parte hai que sinalar aos descoidos nos emparellamentos defensivos e a relaxación en defensa nalgún dos momentos que parecía que as nosas se ían no marcador. Para contrarrestalos as de Básquet Coruña souberon manterse concentradas e xogar con calma, buscando as súas mellores opcións en ataque, con pases interiores, penetracións e un xogo xeneroso e en equipo. En defensa os escintileos de intensidade e as ganas e un mellor bloqueo do rebote que na primeira parte, permitiron ás locais manterse por encima no marcador e levar a vitoria.

Bo comezo da segunda volta da liga para as nosas, o próximo fin de semana espera o Celta, gran oportunidade para seguir crecendo, xa que os rivais máis fortes son os que nos obrigan a sacar máis de nós.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city