Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Equipos base | 17/11/2016 10:27

Crónica Infantil Feminino 1ª División: Do amor e outros demos

Crónica Infantil Femenino 1ª División: Del amor y otros demonios

Esforzábase a sesta en chover para nós mentres saïamos para Lugo á hora en que aínda estariamos a nos sentar á mesa. Unha néboa ameazante e un paxaro estampándose contra o cristal do autobús como presaxio dun final torcido, idea que borramos rapidamente porque nos leva Fernando e podémonos centrar no noso, que é facer piña e rescatar complicidades.

O Pazo colapsado polos partidos e o anexo mollado pola choiva e as pisadas. O 24 non vai funcionar, non pasa nada... ah, que o marcador tampouco, está ben... xogaremos a cegas que se cadra ata nos senta ben.

Confabulados os demos imos ao noso, a ver se é que somos tan grandes como para saltar nos charcos. Empeza o primeiro cuarto e resístellenos a responsabilidade individual. Moito movemento no banco e pouca anotación (15-7). Centrémonos. Aí imos nós, segundo cuarto e a reacción esperada. Non vemos o marcador pero "escoitamos a música", sabemos que isto vai ben, por fin temos o rebote! (10-12).

Chega a segunda parte e sen moito lugar onde ir quedamos na pista, co calorcito de saber que podemos competir cos de arriba. Empeza o terceiro cuarto e chega o noso momento máxico. Conseguimos encaixar só 8 puntos cunha defensa espectacular, pero o aro é ese amor non correspondido e anotamos só 7, cun Ensino moi encerrado na pintura e as nosas intrépidas insistindo no tiro exterior (8-7). Confianza, ¿entrará?

De súpeto o apagamento. Dime que empezou outro partido. O rival encerrado na pintura e uns contrataques que nos noquean en 5 minutos, cun (28-2) ao final do cuarto que nos descompón o xesto. Endereitámonos para volver, que a etapa de montaña non fixo máis que empezar.

"E mentres tanto?, preguntou o marqués. 

- "Mentres tanto", dixo Abrenuncio, "tóquenlle música, enchan a casa de flores, fagan cantar os paxaros, lévena a ver os atardeceres no mar, denle todo o que poida facela feliz". Despediuse cun bato do chapeu no aire e a sentenza latina de rigor. Pero esta vez traduciuna en honra do marqués: "Non hai medicamento que cure o que non cura a felicidade"."

(Gabriel García Márquez, "Do Amor e outros demos")

CAFÉS CANDELAS ENSINO: (15+10+8+28) 61: Franco, Bermúdez, Martínez, Costoya, Pérez-Batallón, López, Martínez Sierra, Moreno, Carreira, Piñón, Alonso.

Adestradores: Romo, A. e Ceide, L.

BASQUET CORUÑA LEYMA: (7+12+7+2) 28: Laura Ibáñez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Carolina Varela, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño. Acompañou ao equipo Sofía Cernadas, que xa está de volta!

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor