Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 16/03/2016 12:26

Crónica Infantil Feminino 02: Mans frías, corazón quente.

Crónica Infantil Femenino 02: Manos frías, corazón caliente.

En cadro e a dous graos, pero coa sensación de xogar nunha neveira. Así nos plantamos na Laracha con 7 ousadas todoterreo dispostas a espertar ao máis durmido un sábado ás 9 da mañá. Sol fose do pavillón e un café nas mans, grazas papás. Bufandas laranxas nas bancadas e a sensación de que se nos apertamos moito sairá algo parecido ao calorcito?e saltaron faíscas.

Cambios constantes e o mirarse entre todas cando hai que resistir (9-10), ata que afinamos os instrumentos e empezou a tocar a orquestra (19-24 ao descanso). Co apagamento do segundo cuarto démonos conta de que xogamos mellor sen ver o marcador, e ata nos sorprendeu a vantaxe.

Na segunda parte caemos na relaxación que dá a vantaxe no marcador, e fixo falta un bo empuxón para recuperar a intensidade e esquecer o cansazo. Algunha aínda se está buscando a picadura da araña de Peter Parker, porque non sabemos que lle picou pero deixouse a pel na pista e a rival aínda soña con ela roubándolle os balóns en pista traseira. Coidado que agora xa sabemos o que sabes facer?

EMBAL Laracha 29 (9+7+6+7): Tasende, A., Cameán, A., Belo, H., De la Fuente, R., Ramírez, R.D., Tuset, L., Camiño, P., Fernández, X., Naya, L.

Adestrador: Veiga, R.

Básquet Coruña Leyma 02 46 (10+17+7+12): Adela Villar, Sara Lara, Lucía Méndez, Sofía Cernadas, Iria Candal, Sara Añón e Esther Veiga.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi