Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 03/05/2016 10:59

Crónica Infantil Feminino 02: De volta

Crónica Infantil Femenino 02: De vuelta

DE VOLTA

"Hai que ter moito coidado ao cruzar a rúa,explicaba o educador colombiano Gustave Wilches a un grupo de nenos:

-Aínda que haxa luz verde, nunca vaian cruzar sen mirar ao carón, e despois ao outro.

E Wilches contou aos nenos que unha vez un automóbil atropelárao e deixouno tombado no medio da rúa.

Evocando aquel desastre que case lle custou a vida, Wilches engurrou a cara. Pero os nenos preguntaron:

-De que marca era o auto? Tiña aire acondicionado? E teito solar eléctrico? Tiña faros antinéboa? De cantos cilindros era o motor??

("A escola do mundo ao revés". Eduardo Galeano)

Preciosa mañá de sábado para asomarnos nun airiño a Ferrol, ao pintoresco pavillón de Caranza onde todo é atípico pero a boa vontade fai que sintas como en casa.

Vímonos poucas e con frío, así que a falta de Blanquita tiramos de mascota e a quentar. Empezamos sen ritmo, cun (7-7) moi enganoso mantido a golpe de contraataque. O segundo cuarto xa foi outro cantar, cun parcial de 10-0 ao comezo do período que nos levou inevitablemente a romper os xoguetes (2-21). Pechamos a primeira parte cunha vantaxe de 19 puntos que nos facía buscar outros horizontes para seguir no partido.

O que pasa é que se lle pides aos galgos que xoguen como elefantes pasa o que pasa, míranse unhas a outras e din, ?que carallo! esta tócame a min?. O egoísmo propio da idade e un par de experimentos tácticos mantivéronnos espertas no marcador (8-11), cun esforzo constante. O último cuarto foi máis do mesmo (5-8), aínda que se fixo sentir o desgaste de defender a toda pista os 40 minutos.

Aínda así, e a pesar de preguntar varias veces pola cilindrada do Ferrari, estreamos conceptos novos, tentamos sentirnos xogadoras de salón e aprendemos que hai que seguir botando moedas na hucha do futuro, que aquí a música non cesa e acáballenos a tempada. Unha mágoa a lesión temperá de Mayte, que estará de volta en breve e co dobre de ganas.

Star Center Spartans 22 (7+2+8+5): López, A., Sabio, A., Blas, M., Blas, B., Branco, M., Garnelo, A., Bellón, M., Díaz, L., López, N., Vigo, L.

Adestrador: Castro, M. A.

Básquet Coruña Leyma 02 47 (7+21+11+8): Adela Villar, Sara Lara, Sofía Cernadas, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sara Fernández. Animou ao equipo Lucía Méndez. 

Adestradores: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city