Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 10/05/2017 13:16

Crónica Infantil 1ª Div masculino: Cómoda vitoria para os coruñeses

Crónica Infantil lg masculino

Partido disputado o domingo pola mañá en Carballo, onde os coruñeses se impuxeron por 65-81 ao Artai, logrando así a segunda praza de forma matemática, que lles permite salvar a praza na liga galega e disputar a final de cópaa federación o próximo día 24 ante Obradoiro.

Desde o principio do partido os coruñeses levaron a iniciativa no marcador, sen lograr claras diferenzas no marcador. Os cambios defensivos dos carballeses lograban que os coruñeses non estivesen cómodos no partido, chegándose ao descanso cunha mínima vantaxe de 5 puntos a favor dos laranxas.

Á saída de vestiarios os coruñeses mostraron o seu mellor xogo, cunha forte defensa lograban recuperar balóns e poder anotar en rápidos contraataques logrando un parcial de 31-14 que sentenciaba o partido. Ao final cómoda vitoria para os coruñeses por 81-65.

Felicitar a todo o equipo pola consecución do seu obxectivo, nunha campaña difícil polo formato e a esixencia do campionato, e por saber reporse dos momentos difíciles da tempada.

Artai:65

Basquet Coruña: 81 Juan, Mateo López, Jaime, Jacobo, Mateo Lens, Nico, Sergio, Mario, Alex, Adrián, Dani, Raúl.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar