Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Coviran Granada - Leyma Coruña · 18/04/2021 18:00 Palacio de los Deportes Riazor 2 || Senior Fem. 1ªDiv: Herrrea y cores Clinica Dental Culleredo - Basquet Coruña Leyma S · 18/04/2021 19:00 Polideportivo O Burgo || Senior Masc. 2ªDiv: ADB Fontiñas - Básquet Coruña S · 17/04/2021 20:00 Fontiñas || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - CB Arteixo Duacode · 18/04/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Celta Zorka Recalvi · 17/04/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: ORTODIX Xiria Artai - Básquet Coruña 03/04 · 17/04/2021 10:00 Pabellón Vila de Noia - Zona Escolar || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - KFC Culleredo · 18/04/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Bosco Salesianos 05 · 18/04/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - KFC Culleredo · 18/04/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Maristas Coruña · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - Calasanz · 17/04/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Academia Proxecto Depordimia · 17/04/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Acad. A Mariña Burela Inf. fem - Básquet Coruña Leyma I · 17/04/2021 12:00 Vista Alegre || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Compañía de María · 18/04/2021 17:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Dental Noa García Basket Xirira - Básquet Coruña U14 · 17/04/2021 12:00 Pabellón Vila de Noia - Zona Escolar || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Montrove · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - KFC Culleredo Azul · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña 07 · 17/04/2021 10:00 Polideportivo Municipal de Betanzos || Minibasquet Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo Amarillo - Básquet Coruña Leyma U11 · 18/04/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña 08 · 17/04/2021 16:00 Colegio Maristas || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria Azul - Basquet Coruña Mini 09 · 17/04/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Equipos base | 17/03/2018 10:00

Crónica BC Leyma Ou16 - Sta. Mª do Mar: Nin pena nin medo

Crónica BC Leyma U16 - Sta. Mª del Mar: Ni pena ni miedo

Complicado xogar fóra de foco. Telo todo para gañar a pesar da hora.

A sesta é traizoeira cando se trata de facer deporte. Se es ti soa, mala sorte, pero se ademais te tes que entender con outro nove que traen a almofada no ollo, o asunto cobra outras dimensións. Sumar certa euforia de fondo que che chega como un eco afastado? si, saben que o rival non gañou aínda. Santa María del Mar preséntase entusiasmado, estrear adversarios sempre ilusiona e cunha adestradora que sabe ler entre liñas e entende tan ben a formación séntesche como en casa.

Agora a papeleta é nosa. Podes propor todos os teus básicos xuntos, tirar de principios, de actitude, pódeseche encher a boca de que é o día de pór en práctica aquilo que nunca sae, pero no fondo sabes que é difícil conter aos galgos. Saímos a romper nun polo si ou polo non irresistible que deixa as cousas claras no primeiro cuarto. (4-20) e a ver que facemos agora. O segundo non é moi distinto, bo si, tentamos xogar a algo e comprobamos que non o facemos tan ben como pensabamos. Perdemos moito cando paramos o balón e nos trabamos no xogo colectivo. (4-13) e a buscar novos retos.

Saímos á segunda parte tras un breve descanso en pista. Podes ver diante e tí un deserto ou a oportunidade perfecta. Respectar ao rival é dar o mellor de tí mesmo e se o que estamos a facer non nos ensina nada novo, buscar outros horizontes que demostren que se pode crecer e mellorar en cada situación. (8-15) e todos os puntos encaixados son por non pechar o rebote.
Aí tes o teu talón de Aquiles, todas as túas carencias ao descuberto. Se non queres traballar xa é cousa túa. Axustámonos por un intre ao rival, como é previsible, pero saímos a tempo nun último parcial (6-23) que demostra que aínda non asumimos con perfección a responsabilidade individual e que non se necesita recuperar o balón constantemente debaixo do aro rival para xerar xogo de ataque. O respecto mutuo e o abrazo final lémbrannos cantas veces estivemos alén?

Se vas ao deserto de Atacama podes ver a frase que o poeta Raúl Zurita fixo  escavar na terra (ou máis ben camiñar por encima, mide máis de 3 quilómetros e só se ve desde o ceo): "Nin pena nin medo". Non require comentarios: Nin pena polo vivido nin medo polo que quede por vivir.
Así pois, collamos a luva e a seguir traballando.


SANTA MARÍA DEL MAR (4+4+8+6) 22: Souza, Fraga, Álvarez, Ares, Castro, Mateo, García, Fernández, López, Branco e Romeira.
Adestradores: Paula Burillo e P. Mérida.

BÁSQUET CORUÑA LEYMA Ou16 (20+13+15+23) 71: Sofía Martínez, Sofía Cernadas, Iria Candal, Carla Castro, Adela Villar, Branca Fernández, Verónica Payo, Lucía Sande e Mayte Villca. Animou ao equipo Esther Veiga.
Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city