Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 13/05/2018 22:20

Crónica BC Leyma Ou16- Arteixo: As certezas

Crónica BC Leyma U16-  Arteixo, vuelta de copa. Saludito:  Las certezas

Xogar en Riazor sempre sabe a gloria, pero é terrible xogar con certezas.
Desaparece a espiral que che enchufa á corrente e fai que deas un pouquiño máis do que pensabas polo si ou polo non. Ganas a ida de bastante e xa baixa inconscientemente o nivel de adestramento da semana. Pásalle a todo o mundo, por máis que digamos a voz en pescozo que noooooooo, que nós adestramos sempre a lume de biqueira.

Boa semana a pesar de que pinta alcanzable esta volta cunha renda tan cómoda. Vémonos reforzadas pola colaboración inestimable de algunha infantil que se sobe ao carro para gozar dunha boa tarde de básket.
Sabemos que o seguinte chanzo é máis difícil e que se estreitará a marxe de erro, pero as miradas crúzanse coa certeza de que hoxe se acaban as oportunidades para xogar sen mirar ao marcador.

Bo ambiente para empezar co noso tímido 9-7, xa dan ganas de polo na marcadora antes de empezar e aforrarnos o primeiro cuarto. Aí vai o segundo?adiviñan? 22-11. Parecemos abonadas a esta arrancada inexplicable, como o oso que se despereza e di: agora apetéceme comerme todo xunto, ao cámara tamén.

Dixestión no descanso, e parece que na segunda parte en xeral. Agora o xogo é menos vistoso pero máis serio e centrado no colectivo, en todo o que nos falla cando nos aceleramos. Aproveitamos para xogar os nosos inxenuos intentos de táctica organizada, por que non, é bo momento para crecer. 14-6, reza o terceiro parcial, e nótase a seriedade defensiva. O xogo vese  afectado polo pouco tempo que me deixas en pista, hoxe somos moitas para repartir minutos pero tamén somos xenerosas. 13-8 no último e os sorrisos de orella a orella. Non se pode pedir máis?

Pero resulta que queremos máis. Haberá que subir as escaleiras de tres en tres, porque somos moi conscientes de que o que levamos nos petos aínda é solto e o que nos espera a partir de agora é un rival do grupo de arriba. Máximo respecto e moito traballo. Imos a iso, equipo!

BÁSQUET CORUÑA LEYMA Ou-16 (9+22+14+13) 69: Sofía Martínez, Sofía Cernadas, Iria Candal, Adela Villar, Lilly García, Esther Veiga, Mayte Villca, Branca Fernández, Verónica Payo e Lucía Sande.
Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.


CB ARTEIXO DUACODE (7+11+6+8) 39: Rodríguez, A., Quintáns, Mira, Rodríguez, S., Toja, Area, Senra e Fernández.
Adestrador: Iván García.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city