Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 07/03/2017 17:46

Crónica Basquet Coruña- Uni. de Ferrol: Paso adiante en defensa e en madurez do cadete feminino

Crónica Basquet Coruña-Uni. De Ferrol  paso adelante en defensa y en madurez del cadete femenino

Partido moi disputado xogado na mañá do sábado, co que o cadete feminino de Basquet Coruña comezaba a segunda fase da liga regular impóndose a Ferrol por 55 a 36.

O partido empezou moi igualado, saïamos enchufadas a base de contraataques e xogo interior, aínda que non tan acertadas en defensa, polo que o rival achegábase no marcador. E así foi todo o primeiro cuarto bastante disputado, cun parcial de 15-12.

No segundo cuarto as visitantes pecháronse en defensa e nós non dabamos coa clave para entrar a canastra e todo eran tiros de fóra, nos que non estabamos moi acertadas. Iso permitiu que o rival nolo puxese aínda máis difícil, levándose o cuarto por unha mínima vantaxe no marcador, tras conseguir un parcial de 10-11 favorecendo ás visitantes.

Ao descanso sabiamos que non ía ser nada fácil conseguir a vitoria pero confiabamos en nós mesmas e no equipo e tiñamos que ir a por todas.

Empezamos o terceiro cuarto presionando cun nivel altísimo, permitindo conseguir roubos de balóns xogada tras xogada ao equipo visitante, ao que lle custaba chegar a canastra. Defendemos como nunca, en ataque non estabamos tan finas, fallabamos moito debaixo do aro, noutras ocasións baixariamos a cabeza e os nosos ánimos caerían polo chan, pero esta vez non, sabiamos que nos estabamos xogando moito, así que se fallaba unha, as demais animaban e o banco ouvíase como nunca, animándonos únalas ás outras, o que facía que en cada ataque fósemos con máis forza cara a canastra e que se non anotabamos, non baixabamos a cabeza porque grazas aos ánimos seguiamos co mesmo nivel de defensa e a moral no alto e as canastras acabaron chegando, finalizando este período cun parcial de 11-4 para nós.

Soa a bucina e? Último cuarto! Quédannos 10 minutos de dalo todo ao máximo para levarnos a vitoria.

Saímos presionando como no anterior cuarto, póndolle moitos problemas ás rivais, que non saben como saír da nosa presión. Ao contrario que no anterior cuarto, conseguimos anotar cun pouco máis de facilidade pero seguimos fallando bastante debaixo do aro, o banco e as xogadoras en pista seguen deixándose a garganta de tanto animar para non vir abaixo, ata que chegamos aos últimos 2 minutos de encontro, nos que xa notamos o cansazo físico, polo que empezamos a deixar de defender con ese nivel tan alto e o que aproveitaron as rivais para anotarnos catro canastras seguidas pero nós respondemos tamén en ataque, conseguindo un parcial de 19-9 e por suposto unha vitoria moi importante e moi merecida.

Parabén mozas, a seguir así!

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city