Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Equipos base | 04/05/2018 10:30

Crónica Basquet Coruña Leyma Ou10: As nosas benjamines a Liga Galega

Envío crónica pre-liga gallega de las benjamines, para publicar hoy  NUESTRAS BENJAMINES A LIGA GALLEGA

Este domingo o BC Leyma Ou10 empeza a súa competición de Liga Galega xogando en Santiago. Este equipo está formado por xogadoras nadas en 2008, 2009 e 2010, que une a un grupo de xogadoras do equipo benjamín da tempada pasada, que xa disputaron a liga Galega, xunto con outra metade das nenas para a que esta é a súa primeira experiencia nun equipo do club.

As benjamines clasificáronse para esta fase autonómica tras quedar segundas de Coruña, só por detrás de Montrove, equipo formado todo por nenas de 2008, o que dá máis mérito ás nosas mozas, que non se atemorizan ante ningún rival e forman un grupo unido no que todas son importantes e que saben que xuntas e apoiándose unhas a outras son un equipo forte e poden xogar contra calquera.

As nosas mozas adestran moi concentradas, esforzándose e tentando aprender cousas novas para xogar un pouco mellor cada día, o que fai que se lles note unha clara evolución desde o principio de tempada. Pero o máis importante é que en cada adestramento e en cada partido nótaselles que gozan moito estando xuntas e xogando ao baloncesto.

Felicitamos a estas pequenas grandes jugonas polo seu compromiso e progresión, por formar un gran equipo tan divertido e por clasificarse para a liga Galega. E desexámoslles que sigan gozando como ata agora, xa que o máis importante desta nova Liga é que lles dá a oportunidade de seguir pasando bos momentos xuntas e vivir unha nova experiencia xogando ao baloncesto.

O BC Leyma Ou10 fórmano: Clara Pato, Irene Dez, Abril Ces, Marta Novás, Esperanza Díaz, Cristina Villar, Idoia Filgueira, Marta Cortés, Antía Lodeiro, Carolina Esmorís, Inés Ferreirós, Pomba Dolz do Castellar, Rayane Sarmiento e Marta Pérez, adestradas por Iria Uxía Romarís e Daniela Valenzuela.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor