Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 23/05/2016 14:01

Crónica Básquet Coruña Leyma 02: Fin de festa

Crónica Básquet Coruña Leyma 02: Fin de fiesta

"Felices os valentes, os que aceptan con ánimo parello a derrota ou as palmas"

("Fragmentos dun evanxeo apócrifo". Jorge Luís Borges)

Ferrol. Ambientazo no pavillón e dous equipos disputando a semifinal anterior. Non quero mirar, non quero mirar? oh non?vinas! Son tan grandes que non se se quero pasar. Uf, o noso rival é igual! Nai miña?Ninguén di nada, só miden e pesan mentalmente valorando a quen lles tocará defender. Quentas 20 minutos e sales a medio gas contra un rival que tira de oficio e empeza a traballar desde o minuto 1 de partido. O cóctel está servido.

Despois do 20-2 inicial e de comprobar que a falta de fe e a presión a todo campo son incompatibles, ordenámonos un pouco e lembramos que ao 100% podemos plantarlle cara a calquera (15-9), por moito que ocupe o dobre que nós.

Complicado o descanso, porque permíteche tomar consciencia do 35-11 que iamos arrastrar durante toda a segunda parte, cun (16-6) que lastra os pés, pero non as ás. Liberadas da responsabilidade, por fin un cuarto de ti a ti, co noso ímpeto habitual en defensa e máis finalizacións preto do aro. Bo sabor de boca para pechar (11-13) o último cuarto dun partido onde as mozas tardaron en sacudirse a impresión que lles causaron as rivais, pero no que lograron acabar como competiron toda esta tempada, todas xuntas.

Despois a comida con nosa ?mareona? e a ver a final para homenaxear ao campión, que é parte da nosa educación deportiva. Grazas papás e mamás por apoiarnos nesta aventura! Como dicía a gran Ana María Matute: "Nunca me aburrín. Nesta vida púideno pasar moi mal... e tamén o pasei moi ben. Uf! Pero aburrirme, xamais".

Star Center UDC: 62 (20+15+16+11): Arteaga, C., Arnott, L., Blas, M., Quintián, A., Prieto, E., Ferro, M., Estévez, L., Díaz, N., Porto, M. M., Díaz, L., Domínguez, B., Piñeiro, B.

Adestradora: Prieto, A.

Basquet Coruña Leyma 02: 30 (2+9+6+13): Adela Villar, Sara Lara, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Celia Noguerol, Sara Fernández, Martina Gutiérrez (alevín), Branca Fernández (alevín) e Noelia Martínez (alevín). Animou ao equipo Sofía Cernadas (lesionada).

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city