Equipos base | 10/04/2017 12:15
Crónica Basquet Coruña Inf masc 1ª Div -Branco Amor: Traballada vitoria coruñesa

Partido disputado o domingo pola mañá no pavillón do Ventorrillo, entre o Basquet Coruña e o Branco Amor, que se saldou con vitoria para os coruñeses por 72 a 57.
A primeira parte do partido foi moi igualada, cun Basquet Coruña sen acerto no tiro e sen poder dominar o rebote, e cun Branco Amor que dominaba ambos os aros grazas a un dos seus pivots, un xogador que a pesar da súa idade supera os 2 metros, e conseguía canastras en segundas accións e intimidar aos coruñeses nos seus tiros e penetracións, chegándose a o descanso cunha vantaxe de 1 punto a favor dos coruñeses.
Na segunda parte os coruñeses apertaron máis as liñas de pase en defensa, o que lles permitiu aos poucos recuperar balóns e anotar en rápidos contraataques, isto foilles dando confianza no seu xogo e lograr unha cómoda vantaxe para encarar o final do partido.
Parabén por unha traballada vitoria, que lles fai dar un paso de xigante, de face a conseguir unha das dúas primeiras prazas da clasificación. Este obxectivo pódese selar, se conseguen a vitoria no próximo partido, que se disputará en Vigo ante o Seis do Nadal. Sorte equipo.
Basquet Coruña:72 Mateo López, Mateo Villanueva, Mario, Dani, Raúl, Juan, Sergio, Nico, Jaime, Alex, Adrián
Branco Amor: 55
Equipos base | 05/04/2017 12:15