Crónica Basquet Coruña Eusebio 07: Partidazo a pesar do resultado

Partido disputado o sábado pola mañá en en Agra 2 contra Calasanz no que descubrimos que traballando podemos conseguir cousas.

Empezamos o partido defendendo ben, cumprindo o noso obxectivo de estar sempre diante do balón, e iso permitíanos correr e chegar sós a canastra, aínda que temos moito que mellorar tirando debaixo do aro para evitar fallar canastras fáciles.

O segundo cuarto continuou nunha liña moi parecida, os dous equipos corriamos e conseguiamos meter algúns puntos pero no seguinte cuarto, xa un pouco cansos, baixamos os brazos en defensa e custounos moito anotar.

Tras o descanso volvemos coas pilas cargadas e volvemos defender con todas as ganas, conseguindo volver correr e chegar sós baixo o aro. O quinto período volvemos baixar os brazos, non defendemos ben e custounos tanto atacar que non pasamos dos 4 puntos anotados. O sexto e último período volvemos defender con tantas ganas que roubabamos o balón case en cada ataque do rival, o que nos permitiu meter un parcial de 19-0, pero a distancia que nos colleron nos períodos nos que non defendemos fixo imposible a remontada, quedando o resultado final 63-37 a favor de Calasanz.
A pesar do resultado sacamos unha lección clara: traballando día a día e dándoo todo na pista podemos conseguir moitas cousas.
Calasanz 63-37 Básquet Coruña Eusebio 07
Engrenadora: María Gras