Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 23/05/2016 16:58

Crónica Básquet Coruña 99: Unha canastra sobre a bucina apartounos da vitoria.

Crónica Básquet Coruña 99: Una canasta sobre la bocina  nos apartó de la victoria.

Este domingo finalizaba o noso equipo junior de 1º ano o ano de competición disputando a fase final de Cópaa Primavera. Tras un primeiro grupo de competición no que quedaron a un paso de xogar a fase de ascensor a 1º División e un segundo grupo de competición no que finalizaron invictos, afrontaron a copa con moitas ganas de saír vitoriosos, liquidando nas primeiros cruces as súas eliminatorias con senllas remontadas en casa, e claificándose así para esta fase final.

Comezaron os laranxas competindo en semifinais contra un duro rival, o Junior de Cee, que aínda que no catro ocasiones anteriores saldáronse con vitoria para os nosos, sempre plantaron dura batalla competindo ata o final, valéndolles de gran aprendizaxe aos nosos mozos para saír vitoriosos en partidos duros e físicos. Como non podía ser doutra forma o partido de semifinais cumpriu as expectativas e foi un partido físico e duro no que os nosos souberon impor a súa vantaxe física cunha boa defensa, deixando ao rival só en 36 puntos, cun resultado final de 36 ? 51 que nos clasificaba para a gran final.

Xa pola tarde espera Narón, un bo equipo, dos mellores da categoría e duro rival para a final, tras eliminar ao anfitrión Arteixo na semifinal.

O partido empezou ben para os nosos con parcial do 1-6 a favor, pero en enseguida Narón contesto cun parcial 10-0 que provocou un tempo morto de Luís Villada, o noso adestrador. Narón controlo ben o partido chegando ao descanso cun marcador de 39-29 a favor.

Tras o descanso os nosos saíron en tromba a por o partido expondo defensas presionantes a toda pista que se lle atascaron ao rival conseguindo remontar o partido e chegar igualados (45-44) ao final do 3º cuarto, deixando todo por decidir para o último cuarto. Unha boa defensa do principio do cuarto e o acerto cara o aro que faltara na primeiro metade, pon aos noso 5 arriba ao principio do cuarto. Tras varios fallos por parte de ambos os equipos, froito dos nervios, chega o partido ao 61-61 con balón para os nosos e Luís Villada solicita tempo para unha última xogada a falta de 24 segundos. Volven os xogadores á pista e o ataque exposto polos laranxas non sae e finaliza cun tiro fallado con 12 segundos para o rival que é ben defendido polos nosos mozos, concedendo un tiro ben punteado que fallan e mandaba o partido á prórroga, pero a mala sorte fai que o rebote caia sobre un xogador naronés que lanza a táboa sobre a bucina e entra. dándolle a vitoria ao rival.

Unha pena acabar con ese mal sabor de boca tras o bo partido e torneo realizado, pero unha gran aprendizaxe para os nosos que nunca baixaron os brazos e pelexaron ata ter o balón que gañaba o partido, pero a sorte non estivo do noso lado.
Felicitar ao merecido campión e a C.B. Arteixo pola gran organización que nos fixo gozar dun gran ambiente de baloncesto toda a xornada. E por suposto, felicitar ao o noso junior 99 (xogadores, adestradores, familias) pola gran tempada realizada e desexarlles moita sorte para o futuro que, seguro, será marabilloso.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city