Crónica alevin masculino 1ª Div: Bo encontro do Básquet Coruña alevín na súa visita a Viveiro

Os coruñeses visitaban a cancha do Viveiro para disputar o encontro fixado para a mañá do sábado. Os Laranxas volveron demostrar a súa evolución positiva que non fai senón plasmar o bo traballo que están a realizar os xogadores herculinos durante a semana. Concentrados e tentado executar na pista todo o traballado nas sesións de adestramento os visitantes fixéronse cun partido no que aos poucos foron aumentado a vantaxe para sumar unha nova vitoria á súa marcadora.

O Básquet Coruña mantense segundo na clasificación con 5 vitorias e unha derrota, este fin de semana será de descanso ao non diputarse xornada de liga recibindo na seguinte ao BBCA de Ferrol.

Caferlo C.B. Viveiro - Básquet Coruña: 13 - 64 (1-18, 4-13, 4-19, 4-14)

Básquet Coruña: Miguel Valín, Anxo Casais, Rubén Catoira, Nicolás López, Roi Comesaña, Aarón Souto, Mauro Gonta, Xiao Losada, Pablo Pérez, Teo Piñeiro, Román Pérez.