Equipos base | 20/02/2017 16:46
Crónica Alevín 2º div. Basquet Coruña 05- Cb Culleredo: Partido competido

Domingo ás 9,30 da mañá era a data fixada para a celebración do seguinte partido. A priori presentábase competido e ao cabo así foi, onde os dous equipos traballaban coas súas armas para poder seguir desenvolvendo o que o día a día nos vai ensinando.
Na primeira fase do partido, os laranxas saían centrados, plasmando no marcador o competido que ía resultar o encontro (10-15 1º sexto). O equipo de Culleredo apoiado nun gran acerto no tiro e traballo no rebote na súa canastra, facía que o marcador se inclinase cara ao seu lado (16-25). Os laranxas tentaban sobreporse a base de traballar atrás e tentar conseguir vantaxes á hora de saír cara á canastra contraria. Aínda que ás veces caían en erros, por tentar levar ao partido as cousas que se aprenden nos adestramentos, a confianza que lles deron varios ataques coas súas respectivas canastras, recuperando balóns en defensa e saíndo rápido cara á canastra rival, fixeron que no marcador dese un pequeno cambio a favor dos laranxas (38-33).
Na segunda fase do encontro, a competitividade dos equipos seguiu afianzándose, onde os acertos e erros repartíanse por igual nas dúas canastras. Aos poucos o marcador foi decantándose á beira do equipo visitante, (aínda que iso non era o máis importante) ata chegar finalmente ao resultado final de 52-61. Un partido bonito, tanto para os xogadores, adestradores como para os pais/nais que estaban na bancada.
A parte da evolución como equipo (incorporouse o verbo competir ao vocabulario do equipo), onde o día a día nos vai ensinando que o traballo durante os adestramentos é fundamental, cabe destacar que a evolución individual está en camiño de conseguir unha velocidade de cruceiro na aprendizaxe. O que nos dará a alegría a final de tempada de que se subiron os chanzos perseguidos, tanto en técnica individual, traballo en equipo e competitividade. Fenómeno EQUIPO!
Basquet Coruña 05: 52
Anxo Martínez, Xiao Losada, Erik Touma, Manrique Pinilla, Nahuel Devesa, Jorge Ferreiros, Alex Bernabé, Román Prego, Izan Orons
Cb. Culleredo: 61