Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 25/04/2017 08:40

Crónica Alevín 05 2ª división: Lección de deportividade.

Crónica Alevín 05 2ª división:  Lección de deportividad.

Partido xogado á primeira hora da mañá do sábado. Dez xogadores dispoñibles e preparados para seguir na carreira da aprendizaxe do noso deporte. O rival, o equipo de Juan Fernández Latorre.

Durante os dous primeiros sextos, o dominio dos visitantes foi abafador. Os laranxas non conseguían atopar nin o seu sitio nin o seu ritmo. Con perdas de balón en ataque, sen ter claro cal era o obxectivo do día, ningún acerto de face ao aro, e con nula presenza na parcela defensiva. Estabamos empeñados en levarnos mal co aro rival e iso facíanos chegar ao final do 2do sexto cun marcador de 0-15.

No momento que os laranxas se esqueceron do marcador e empezaron a centrarse nas cousas traballadas, a lembrar que todos imos xuntos tanto cara a adiante como cara atrás, a solidariedade no esforzo e que o rival non pode excederme e para iso teño que pór algo máis que a camiseta para poder divertirme, as cousas empezaron a endereitarse. O equipo de Latorre non tiña tan fácil o atacar o aro laranxa nin parar o xogo de ataque dos mesmos. Destacar nestes momentos a varios xogadores, pero fundamentalmente a Izan, que dándose conta da súa superioridade física, empezou a realizar un traballo tanto físico como de concentración que facía que tanto en ataque como en defensa, o rival tivese moitos problemas para paralo.

Todo isto fixo que o marcador cambiase de cor e acabasen o 5º sexto 4 puntos por encima os laranxas. O equipo visitante, soubo refacerse e con gran entusiasmo dos dous equipos brindáronnos un final de partido axustado e emocionante, que finalmente caeu ao lado do equipo de Latorre.

Ao final vimos a dous equipos competir, gozar e xogar ao baloncesto, e aos espectadores pasar un intre agradable vendo o que os seus fillos son capaces de facer cun balón e dúas canastras de baloncesto, animando cada un aos seus e dando unha lección de deportividade.

Son partidos nos que os dous equipos saen vitoriosos. Felicitar a todos os xogadores dos dous equipos, seguir así!

Basquet Coruña 05 39

Xogaron: Anxo Martínez, Tomás Alonso, Xiao Losada, Iago Formoso, Erik Galán, Nahuel Devesa, Jorge Ferreiros, Alex Bernabé, Román Prego, Izan Orons

Juan Fernández Latorre 40






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city