Crónica 1ª División Senior Masculina: Vitoria a domicilio na estrea da liga

Primeiro partido de liga disputado na tarde do sábado, no que o equipo dirixido por Chiqui Barros deu mostras de cales van ser os acenos de identidade desta tempada, cun xogo baseado nunha boa defensa e un ataque dinámico no cal todos os xogadores achegan o seu granito de area.

O partido comezou cun forte ritmo, onde as defensas impúñanse aos ataques. As diferenzas eran mínimas no marcador, tendo noso equipo problemas á hora de pechar o rebote, o cal facía que todo o bo traballo defensivo se esfumara, dándolle novas oportunidades a Obradoiro para que chegase ao final do primeiro cuarto cun marcador igualado ( 11-13).

No segundo cuarto solucionáronse eses desaxustes no rebote, ao que se sumou unha boa circulación do balón en ataque, destacando o bo facer de Rubén Rei de face ao aro, e a intensidade defensiva de todos os xogadores. Deste xeito logramos que as porcentaxes de tiro do equipo local fosen baixos e chegouse ao descanso cun marcador favorable a Basquet Coruña por 10 puntos (21-31)

Na segunda parte, ao manter a concentración e intensidade defensiva, logramos chegar ao último cuarto do partido, coas ideas bastante claras de como debiamos afrontar o final do choque. Na parcela anotadora o bo facer de Asier e Pablo, así como o traballo defensivo de todos os xogadores exteriores, conseguiron que Obradoiro non tivese ataques fáciles, nin tiros sen oposición. Isto unido ao fenomenal traballo dos homes interiores, fixo que cando o equipo santiagués conseguiu achegarse a falta de 5 minutos a 5 puntos, o Basquet Coruña dominase a fase final do encontro logrando establecer a diferenza final en 11 puntos (49-60)

Cenor Obradoiro CAB 49 - Leyma Basquet Coruña 60

Parciais: 11-13, 10-18, 15-13, 13-16

Xogaron: Mateo 2, Rubén 22, M.Belo 5, Asier 10, Xusto 2, Pablo 10, Darlyn 1, Iago 6, Alberto 2, M. Montero, Jorge, Óscar.