Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Coviran Granada - Leyma Coruña · 18/04/2021 18:00 Palacio de los Deportes Riazor 2 || Senior Fem. 1ªDiv: Herrrea y cores Clinica Dental Culleredo - Basquet Coruña Leyma S · 18/04/2021 19:00 Polideportivo O Burgo || Senior Masc. 2ªDiv: ADB Fontiñas - Básquet Coruña S · 17/04/2021 20:00 Fontiñas || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - CB Arteixo Duacode · 18/04/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Celta Zorka Recalvi · 17/04/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: ORTODIX Xiria Artai - Básquet Coruña 03/04 · 17/04/2021 10:00 Pabellón Vila de Noia - Zona Escolar || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - KFC Culleredo · 18/04/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Bosco Salesianos 05 · 18/04/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - KFC Culleredo · 18/04/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Maristas Coruña · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - Calasanz · 17/04/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Academia Proxecto Depordimia · 17/04/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Acad. A Mariña Burela Inf. fem - Básquet Coruña Leyma I · 17/04/2021 12:00 Vista Alegre || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Compañía de María · 18/04/2021 17:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Dental Noa García Basket Xirira - Básquet Coruña U14 · 17/04/2021 12:00 Pabellón Vila de Noia - Zona Escolar || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Montrove · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - KFC Culleredo Azul · 17/04/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña 07 · 17/04/2021 10:00 Polideportivo Municipal de Betanzos || Minibasquet Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo Amarillo - Básquet Coruña Leyma U11 · 18/04/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña 08 · 17/04/2021 16:00 Colegio Maristas || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria Azul - Basquet Coruña Mini 09 · 17/04/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Equipos base | 07/12/2016 17:23

Crónica 1ª División Infantil Feminino : Condenadas a quererse

Crónica Infantil femenina 1ª división

"E de súpeto chegará alguén
que baile contigo aínda que non lle gusta bailar,
e fágao porque é contigo e nada máis".
(Jorge Luís Borges)

Non temos nada que perder, iso ocorre poucas veces: oportunidade de ouro para sacar a dignidade á pista. Media hora para concluír que definitivamente somos nós as que imos xogar co líder e saímos a quentar, a coleta ben cinguida e o respecto dentro das medias.

Saímos con desconfianza, por que negalo. A ida non foi unha miraxe. A presión a todo campo tal e como a lembrabamos, aínda que en casa e coa nosa bancada a lume de biqueira ímonos entoando. A ver se resulta que levantando a cabeza xa ven solucións?Un amable (6-12) pecha un primeiro parcial de vertixe, desde o alto as defensas axustadas e a mirada ao ceo, porque mira que son altas. Apertamos un pouco?e se espertamos á besta? Non saltamos ao dous porque xa nos custa facer o noso. Responsabilidades individuais ben entendidas e a axuda xenerosa cando hai que partirse o peito para resolver un descoido (9-11). Quen che viu e quen che ve. 15-23 ao descanso dun partido que na ida perdiamos de 40.

Miras á de á beira e non te crees todo o que fixo; o que non sabes é que baila porque é contigo.

Pero sigamos, a ver se queda corda ao reloxo. As faltas suplen o que non dan as pernas e empézase a notar o cansazo, pero hai tantas ganas que seguimos voando. O xigante anota, recuperando o ton. Un par de recuperacións e pómonos a 8 outra vez, roxe a bancada. As visitantes arranxan o cuarto e péchase (12-16). Seguramente pensaches: ?non está mal?, pero se te conformas pasa o que pasa. Volven os descoidos no rebote e o partido acábase antes de tempo.

Poutada final de Pío XII, e un (4-21) que che deixa cunha sensación que xa resulta familiar e á que non queres adoitarche?non queres morrer máis na beira.

Din que tropezar non é malo, encariñarse coa pedra si. Trompazo o do partido de ida, que se o frío, que se os golpes?en realidade, aquel día sentimos pequenas. Talvez erámolo, talvez aínda o somos, pero as nosas sombras xa son de xigantes. Como Julia Roberts en ?Pretty Woman?, hai que aprender a dicir ?ata onde?.

BÁSQUET CORUÑA (6+9+12+4) 31: Laura Ibáñez, Marta Maior, Inés Ferreiro, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño. Animou ao equipo Sara Añón.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

PÍO XII (12+11+16+21) 60: Seoane, Penedo, Golpe, Villamarín, Abalde, Míguez, Ramos, Rama, López, García e Liste.
Adestradores: Souto e Carreira.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city