Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 22/08/2018 13:16

Crece a masa social do Básquet Coruña

Crece la masa social del Básquet Coruña

O club Básquet Coruña aumenta a súa masa social e bate marcas en número de carnés emitidos cun crecemento do 30 % con respecto á pasada campaña nesta data. Un incremento aínda máis exponencial no caso dos socios, que crecen un cento por cento con respecto ao pasado curso.

De manter este crecemento ata o fin da campaña de abonos teriamos unha proxección que superaría os 2200 carnés emitidos, o que suporía unha cifra máxima histórica para a entidade. Este gran crecemento parece trasladarse tamén ao apartado de socios, onde o club se situaría ao bordo dos 200 asambleistas.

En canto ás promocións dispoñibles, lembramos que segue en marcha o desconto no abono senior co Deportivo. Para iso haberá que retirar o carné na Oficina de Atención ao Deportivista e a continuación formalizar ao abono laranxa na sede do Básquet Coruña, en Arquitecto Rei Pedreira 3 baixo en horario de luns a venres de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas.

Tamén continúa a promoción 1máis1, pola que se benefician os socios e abonados que renovan a súa condición e que traen a un novo afeccionado laranxa do seu mesma categoría ou superior, obtendo un desconto do 50 % no prezo do seu abono.

Así mesmo, a campaña de abonados e socios continuará en marcha ata o inicio de tempada en outubro.

A estes bos datos, que evidencian o aumento do interese no club e no #sentimientonaranja, hai que sumar que o club traballa xa para lograr nos próximos meses a súa conversión en SAD, na que os socios serán protagonistas da primeira campaña de captación de capital.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi