Actividades | 19/06/2017 16:11
Coñeces o quidditch? Descúbreo no Campus Milenium!

A estas alturas e con todo o que che estamos contando estes días, seguro que tes claro que no Campus Milenium aprenderás moito baloncesto ?dúas sesións diarias- e experimentarás novos deportes e actividades que quizá nunca probases.
Unha das disciplinas que axudarán a cumprir a nosa lema -"este verán temos un plan que vas quedar xeado"- será o quidditch, o deporte máis popular na comunidade máxica de Harry Potter e que temos reservado para os grupos de menor idade tralo éxito do pasado año. Trátase dunha especie de fútbol-baloncesto aéreo que se xoga voando sobre escobas. Seguro que xa che vai soando!
O quidditch creouse en 2005 nunha universidade estadounidense. Dous equipos de sete xogadores montados en escobas xogan nun campo do tamaño dunha pista de hockey e con tres aros de diferentes alturas a cada lado do campo. O obxectivo final é ter máis puntos que o equipo rival cando a snitch, unha bóla de tenis metida nunha media colgada da cintura dun xogador imparcial oficial, é capturada.
A Asociación de Quidditch Muggle Dementores da Coruña será a encargada de ensinarche a xogar este divertido deporte no que cada gol suma dez puntos e no que poderás elixir a posición de cazador, gardián, golpeador ou buscador, empregando distintos tipos de pelotas segundo o teu posto. Iso si, terás que estar sempre montado na túa escoba... pero non fará falta que voes de verdade! Se seica, na túa imaxinación?