Primer equipo | 15/11/2020 22:23
Concentración, conexión e confianza

Segundo partido da semana, e segunda vitoria do Leyma Coruña, que esta vez se impuxo en #OFornodeRiazor a Melilla Sport Capital por 93-71.
A pesar dun comezo no que Melilla tentaba apertar aos xogadores do conxunto laranxa, estes non perderon a concentración, e se a iso sumámoslle un excelso labor en defensa, damos coa tecla da vitoria. O primeiro cuarto finalizou 24-20, e a partir dese momento o marcador non fixo máis que ampliar a diferenza, sempre a favor do Leyma Coruña. Quizais foi o segundo cuarto cando os melillenses víanse con máis posibilidades, chegando ao descanso con 43-39.
Con todo, os esforzos dos xogadores de Alejandro Alcoba por frear a intensidade dos locais quedaban en intentos errados. A conexión laranxa era máis que palpable e evidente. A vantaxe ao termo do terceiro cuarto era de 65-57 e o equipo coruñés seguía gozando do festival de triplos e da confianza que tiñan esta tarde.
O cuarto final serviu para ampliar a renda, e deixar claro que co tres ?C? a vitoria está asegurada. O marcador final foi de 93-71, +22 puntos e unha vitoria máis na marcadora.
O seguinte partido é derbi galego, o vindeiro sábado no Paco Paz, ante COB, ás 19:00 horas.