Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 09/05/2021 14:54

Con dereito a soñar

Con derecho a soñar

Sexta vitoria consecutiva do Leyma Coruña, tras vencer en Almansa por 73-80, cun gran terceiro cuarto. O traballo coral, de novo, clave para levar o importante encontro.

O partido comezou cun acelerado Leyma Coruña, que anotaba e parecía afastarse no marcador. Con todo, os locais non se deixaron ir axiña que, e puxeron do seu parte para achegarse, e acabárono conseguindo, vencendo tanto o primeiro como o segundo cuarto (28-16 e 48-36 respectivamente) cun Leyma Coruña desacertado na anotación.

Pero á volta do descanso, todo cambiou. O Leyma enfundó o mono de traballo, baixou ao barro e comezou a súa batería de anotación e o seu recital defensivo, cultivando un espectacular terceiro cuarto que venceu por 13-28, e pondo 61-64 no marcador.

E no último cuarto, de novo a base de traballo conxunto e concentración, o conxunto coruñés deu poucas posibilidades ao seu rival de achegarse no electrónico e terminou vencendo un encontro moi disputado. O resultado final foi de 73-80.

Así, o Leyma Coruña sitúase no primeiro posto da clasificación (empatado en 12 vitorias con Río Breogán e Covirán Granada a falta dunha soa xornada por xogar na liga regular. Todo por decidir o vindeiro domingo ás 12:30h nunha nova xornada unificada, que enfronta ao equipo laranxa e TAU Castelló en #OFornodeRiazor.

As entradas para este partido xa están á venda, con prezos especiais. En caso de Abono Amigo: 6? adulto / 3? niñ@ e en caso de venda Xeral: 10? adulto / 5? niñ@. Estas entradas pódense adquirir en a web, nas nosas oficinas de luns a venres en horario de 10 a 14h e de 16 a 20h, nos despachos de billetes do Palacio o día do encontro ou nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index

Esperámosvos!!

Documentos adjuntos

rp-post-j17-2afase---sergio-garcia.mp3






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi