Primer equipo | 15/12/2020 11:20
Comunicación entradas Xornadas 9 e 10

Xornada 9: Leyma Coruña ? Liberbank Oviedo
Venres 18/12/2020
20:00 horas
Polideportiva Riazor 2
Para a dita xornada, e debido á coincidencia horaria do noso partido contra Liberbank Oviedo co que disputarán Deportivo Liceo ? C.H. Caldes, vímonos obrigados a trasladar o noso encontro á instalación de Riazor 2 (ao ser xornada unificada establecida pola FEB, non podemos trasladalo de data), e debido ao reducido aforamento permitido nesta instalación, para este partido lamentablemente non poderemos pór á venda entradas.
Xornada 10: Leyma Coruña ? Tizona Burgos
Martes 22/12/2020
20:00 horas
Palacio de Deportes de Riazor
Para esta xornada, recuperamos a nosa instalación habitual, e mantense un aforamento máximo de ata 500 persoas.
Por esta razón, o Club Básquet Coruña S.A.D. pon desde XA á venda entradas para todas aquelas persoas que queiran gozar do encontro do próximo martes 22 no Palacio de Deportes de Riazor.
- Venda preferente aos Abonos Amigo, desde este momento ata o mércores 16 ás 23:59 horas (despois poderán comprar ao mesmo prezo ata a hora do partido, pero sen preferencia sobre o público xeral).
- Venda para os afeccionados que non dispoñan de Abono Amigo, desde as 00:00 horas do xoves ata o inicio do partido.
Adquisición de entradas:
- Fisicamente: Nas nosas oficinas desde o día de hoxe, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Web: A través da nosa web, coa clave e usuario en calquera momento. O link para a compra é o seguinte: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index
As entradas son nominativas e só poderá adquirirse unha por usuario e clave, podendo unicamente cada usuario adquirir a súa propia. Se non o lembran, poden solicitalo vía telefónica ou enviando un mail a: club@basquetcoruna.com
Prezo:
O prezo das entradas será o seguinte:
? Socios Amigo:
- Adultos: 8 euros.
- Nenos (ata 18 anos): 3 euros.
? Público Xeral:
- Adultos: 15 euros.
- Nenos (ata 18 anos): 7 euros.
Para calquera dúbida, estamos dispoñibles nas nosas oficinas no horario anteriormente indicado ou no teléfono 981 26 40 22..
Esperámosvos en #OFornodeRiazor!
Primer equipo | 11/12/2020 11:20