Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 10/01/2020 23:07

Como unha bala

Como una bala

Parecía que o Leyma Coruña saía como unha bala, e así, foi anotando triplas desde o primeiro momento. O Granada tentaba plantarlle cara aos coruñeses, pero non eran capaces de superarlles no marcador, por moito que o tentaban. Os puntos do xogo exterior eran os que dominaban o encontro, terminando o primeiro cuarto cun 16-21.

Ao comezo do segundo cuarto, semellaba que se achegaban os granadinos, pero a intensidade, tanto en defensa como en ataque, dos de Sergio García, non lles daba opcións. Os coruñeses impuñan a súa lei marchándose ao descanso cun favorable 32-43.

A volta dos vestiarios continuou sendo un recital dos laranxas. E aínda que o rebote resistíase, as ganas foron superiores, e terminou o terceiro cuarto cun favorable 48-60.

E aínda que o último cuarto parecía sentenciado, os de Pin tentárono loitando ata o último momento. Pero de novo, o esforzo dos coruñeses tivo a súa recompensa, cun marcador final de 70-78, conseguindo así a vitoria número 12 desta liga, finalizando a primeira volta cun parcial 12-5.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi