Clausura do XXII Campus Milenium

Grandes e pequenos, os máis de 200 nenos que formaron parte do noso Campus Milenium estas dúas intensas semanas despedíronse hoxe nas instalacións da Normal con novas actividades ao longo da xornada, ademais da foto de familia e entrega de diplomas.

Moitos abrazos e un ata pronto, e bos recordos de todo o vivido estes días: escalada, piscina, piragüismo, fútbol burbulla, talleres de cociña, quidditch... ata 16 deportes diferentes que fixeron gozar a todos os que este ano participastes no noso campus. Grazas pola vosa participación e entusiasmo, e tamén a todos os nosos monitores pola vosa dedicación e bo facer durante todos estes días.

A actividade do club non para coa clausura do Campus Milenium e este mesmo luns día 10 comeza nas instalacións de Elviña o Campus de Tecnificación. Baixo a dirección de Charlie Uzal, un total de nove adestradores do baloncesto galego envorcarán a súa experiencia e coñecemento nos mozos participantes, que con total seguridade darán un novo paso á fronte neste deporte que nos apaixona e únenos.

Aos que acabades de finalizar o voso campus entre nós, esperamos reencontrarvos na próxima edición do Milenium e, mentres tanto, vémonos nas pistas!