Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Equipos base | 11/08/2016 19:30

Chiqui Barros, novo adestrador dos equipos filial e junior masculino

Chiqui Barros, nuevo entrenador de los equipos filial y junior

Os equipos filial e junior do Club Básquet Coruña contan esta tempada cun novo adestrador, o ferrolán Chiqui Barros, quen nos últimos anos desenvolveu a súa carreira profesional na liga Feminina, a máxima da categoría, ao mando do equipo berciano Embutidos Pajariel Bembibre.

No haber de Chiqui Barros destacan, entre outros aspectos, o ascenso das xogadoras do Alto Bierzo na tempada 2011/12 e a súa consolidación na primeira competición nacional, así como a súa experiencia no baloncesto profesional masculino ao mando de conxuntos como o ADT Tarragona, Círculo Badaxoz e CB Calpe. Ademais, esta non será a súa primeira incursión no baloncesto coruñés, posto que nas tempadas 1994-1996 dirixiu na nosa cidade os destinos do CAB Coruña de 1ª B -equivalente á actual LEB Ouro-, participando nunha fase de ascenso á ACB en Xixón.

En 2015 foi elixido mellor adestrador da liga Ecuatoriana, tras conseguir o título desta competición coa Universidade Tecnolóxica Equinoccial (UTE) de Quito.

A chegada de Chiqui é unha excelente noticia para o Club Básquet Coruña, especialmente para o noso equipo filial de Primeira División e para o conxunto junior de Liga Galega, xa que a achega do técnico ferrolán garante o desenvolvemento dunha boa dinámica de traballo dos nosos mozos deportistas no seu paso da categoría base de junior a senior.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor