Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Oviedo 88-70 Leyma Coruña · 07/03/2020 00:00 Oviedo || Senior Masc. 3ªDiv: CB Arteixo Duacode 39-66 Básquet Coruña S · 07/03/2020 16:00 Pazo dos Deportes- Arteixo || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - BBCA Cabo Prioriño · 06/03/2020 21:30 La Normal || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - KFC Costa Artabra · 08/03/2020 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura 73-54 Básquet Coruña Leyma J · 07/03/2020 18:00 Pazo Anexo 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 65-52 Básquet Coruña U17 · 08/03/2020 17:00 Pabellón Colegio Compañía de María || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Santa Maria del Mar Junior · 07/03/2020 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C 86-23 Club Baloncesto Cambre · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 1ªDiv: Club Ourense Baloncesto 73-77 Básquet Coruña C · 07/03/2020 16:00 Pazo Paco Paz || Cadete Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos 77-42 Básquet Coruña Leyma U15 · 08/03/2020 19:00 Municipal de Betanzos || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 65-48 Santo Domingo Betanzos · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 32-69 Maristas Coruña · 08/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes de Lugo Leyma Natura · 07/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I 57-6 Santa Maria del Mar Infanitl · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 49-45 Maristas Champagnat · 07/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL 44-48 Básquet Coruña Leyma U13 · 06/03/2020 19:00 Colegio Esteiro || Infantil Masc. 2ªDiv: C.D Calasanz 33-75 Básquet Coruña U14 · 08/03/2020 10:00 Colegio Calasanz || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 36-64 Jesuitinas · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Servipack Montrove 74-48 Básquet Coruña U12 · 08/03/2020 10:00 Canide-Mera || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria Blanco - Básquet Coruña U12/11 · 07/03/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U13/14 75-25 Compañía de María Azul · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U11 - CB Artai A · 07/03/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Golfiños Sada - BC Cristo Rey Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-1 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: Franciscanos Coruña MAsc - BC Eusebio da Guarda Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 32-76 BC Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 66-73 KFC Culleredo Azul · 08/03/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-2 || Premini Masc. 2ºDiv: CB Artai A - Basquet Coruña U9 · 07/03/2020 09:30 Pazo dos Deportes Arteixo P-2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo Amarillo 36-74 Básquet Coruña Leyma U11 · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Liceo La Paz · 07/03/2020 16:00 Polideportivo de Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Champagnat - Básquet Coruña Inf U14/13 · 07/03/2020 16:00 Colegio Maristas || Premini Fem. 2ºDiv: BC Leyma U10 - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3

Equipos base | 05/05/2017 11:15

Chiqui Barros apela á marea laranxa para arroupar ao equipo filial na súa loita polo ascenso a EBA

Chiqui Barros apela a la marea naranja para arropar al equipo filial en su lucha por el ascenso a EBA

Este domingo 'é o día' para os de Chiqui Barros. O equipo filial masculino do Club Básquet Coruña loitará xunto con outro tres conxuntos galegos por conquistar a praza en liza para xogar a liga EBA a próxima tempada, unha vez que o Culleredo logrou o ascenso directo.

Os laranxas chegan á Final A4 como segundos clasificados da segunda fase, con 10 vitorias e 4 derrotas. A súa primeira proba será a semifinal fronte ás Construcións Castro na polideportiva de Riazor 2 ás 12:00 horas. Se gana, medirase ao vencedor do duelo previsto ás 10:00 horas entre o Basket Xiria e o Obradoiro, no que será o choque definitivo, fixado para as 19:00 horas.

Ante esta cita, o primeiro adestrador do equipo, Chiqui Barros, resume como foi o camiño ata aquí: "Desde agosto expómonos converter o grupo nun equipo de verdade, xunto coa continua mellora técnico-táctica dos mozos e, a nivel competitivo, ir superando retos, desde meternos no grupo de ascenso co mellor balance posible, ata chegar a esta final a catro, pasando pola idea de ser mellores cada adestramento, cada semana, cada partido", sinala o técnico.

Non é un fin senón un paso para chegar máis arriba no club

Así mesmo destaca a extraordinaria actitude e enorme predisposición dos xogadores para aprender e mellorar, o que xerou unha dinámica positiva "para chegar a poder disputar esta final que ao principio parecía un pouco afastada". Na súa opinión, "ao ser un equipo filial e cunha media de idade tan baixa, vénnos moi ben para competir ao máximo nivel, á vez que continuamos no proceso de mellora e formación, porque esta fase non é un fin senón un paso máis no camiño dos nosos mozos xogadores para chegar aínda máis arriba no club". Tampouco obvia que ao celebrarse a final a catro en Riazor, "ponnos un reto maior: o de saber xogar con iso que din que se chama presión, e que eu prefiro cambiar por ilusión e responsabilidade positiva".

Ao seu xuízo a final A4 está moi igualada sobre o papel, xa que "os catro equipos contamos con posibilidades e así o demostran os resultados cruzados. Para nós xogar en casa é un plus, pero, normalmente, o equipo local non gaña e o noso desexo é o de romper esta tendencia", asegura. "Xiria é un equipo moi experimentado e cun xogador desequilibrante como Esmorís, Obradoiro CAB é unha filial ACB e unha selección cun físico tremendo, mentres que PBB mestura experiencia, talento e un nivel táctico moi alto", engade.

Por todo iso espera que haxa un gran ambiente en Riazor, "que os nosos mozos sintan o apoio da marea laranxa e que xoguemos o noso mellor baloncesto para poder lograr algo moi importante para o club, o ascenso á liga EBA. Ademais, o traballo, compromiso, comportamento, ilusión e desexo do equipo, meréceno", sentenza.

Rubén Rei, o 'veterano' capi de 24 anos

Pola súa banda, Rubén Rei, o capitán do equipo e todo un referente no club, afirma que afronta esta final "como un novo reto, con moita ilusión e moitas ganas". Lembra as súas experiencias similares na súa traxectoria laranxa, como o Campionato de España Junior con Fernando Buendía de adestrador, "onde xogamos contra equipos como o Joventut ou o Unicaja do beirado Alex Abrines", actualmente na NBA, así como "os dous ascensos a EBA conseguidos con Fer e con Javi Rodríguez", pero Rubén recoñece o seu especial desexo de conseguir este terceiro ascenso, co aliciente engadido de logralo "na nosa pista e coa nosa afección".

Rubén, que cumpriu onte 24 anos destaca a mocidade do persoal: "que sexa eu un dos veteranos dio todo, só catro de nós superamos os 20 anos de idade". Asegura que na evolución do equipo inflúe o bo ambiente do vestiario e o espírito de familia que lles une, porque "case todos vimos das categorías inferiores do club, coñecémonos desde hai tempo e desde o primeiro día sempre houbo moi bo rolo". E engade que neste clima teñen moito que ver tamén os seus adestradores, Chiqui e Hugo, e o seu preparador físico Pablo, porque "desde o primeiro momento déronnos moita confianza, fixéronnos sentir moi cómodos e traballamos moi a gusto con eles".

"Estamos moi motivados e con moitas ganas de disputar esta final a catro en Riazor e esperemos que podamos conseguir o obxectivo que é o ascenso á liga EBA", finaliza o capi.

No Club Básquet Coruña hai canteira. E máis dun motivo para soñar, porque estes mozos empuxan forte.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city