Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Primer equipo | 08/11/2019 22:16

Chegou a quinta

Llegó la quinta

O Peixe Voador, na capital madrileña, foi testemuña de como o traballo en equipo funciona. E se non, que llo digan ao Leyma Coruña, que de novo venceu, por quinta vez nesta tempada, a base de dedicación, esforzo e defensa.

Tal e como dicía Sergio na previa do partido, fora unha semana complicada, con algunhas baixas, pero finalmente, puido contar con todos os xogadores (algúns en mellores condicións que outros), pero todos eles achegaron o seu granito de area para sumar e gañar, por 69-76.

A pesar de que estaban sobre aviso, sabendo que Canoe tiraría de orgullo, sobre todo no primeiro cuarto, os coruñeses empezaron o primeiro cuarto un pouco apagados, pero unha vez empezaron a espertar, demostraron que nada é o que parece.
Marcháronse ao final do primeiro cuarto 7 puntos abaixo (25-18), pero nada máis iniciarse o segundo machucaron eses números anotando 20 e deixando tan marcado a Canoe a base de defensa, que tan só puideron anotar 8. Descanso e 5 arriba para o equipo laranxa por 33-38.

E á volta do vestiario, máis do mesmo. Defensa, defensa e máis defensa. Está claro que, se o equipo ten esa parte sólida, o demais chega só. 11 arriba ao final do terceiro cuarto (46-57) e pouco por decidir nos últimos 10 minutos. E aínda que parecía que Canoe achegábase, o Leyma Coruña impúxose finalmente por 69-76.

A defensa foi clave nesta vitoria, na que o equipo non puido contar con Filip Djuran, por sanción. E a pesar da alegría que supón a vitoria, tal e como apunta Sergio García ?isto é unha carreira de fondo. Seguir, seguir, seguir?. Así que, xa toca pensar no seguinte partido, que será o domingo 17 en #OFornodeRiazor ante Palencia, ás 18:00 horas.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor