Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 11/04/2016 11:28

Charlie Uzal imparte unha nova xornada de formación para adestradores

Charlie Uzal imparte una nueva jornada de formación para entrenadores

As Xornadas de Formación para Adestradores ?E ti como adestras?? proseguen mañá martes día 12 de abril, esta vez da man do noso técnico Charlie Uzal, adestrador axudante de Perico Díaz no equipo LEB Ouro do Club.

A sesión, a quinta desde o inicio do programa en febreiro, versará sobre "Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB" e terá lugar ás 22:30 na aula do Palacio dos Deportes de Riazor. Charlie Uzal achegará a súa experiencia acumulada, primeiro como xogador, e logo como adestrador desde o ano 2009, tanto nas categorías basee como co primeiro equipo, o Leyma Básquet Coruña, que esta tempada ten xa asegurada a súa participación nos playoff para a loita polo ascenso á ACB.

Como nas charlas anteriores, a entrada é gratuíta e aberta todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana, e os interesados poden inscribirse a través do correo club@basquetcoruna.com e o teléfono o Club, o 981 264 022.

A Federación Galega de Baloncesto outorgará aos asistentes tres horas de formación complementaria para a obtención do título de adestrador.

Próximas xornadas:

As seguintes sesións do ciclo "E ti como adestras?" son as seguintes:

21 de abril: O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase. Román Gómez

5 de maio: Fomentar a liberdade para decidir. Fernando Buendía

19 de maio: Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación. Jorge Igrexas

9 de xuño: Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación. Mª José Cousillas








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city