Carlos Martínez e Sexan Smith non seguirán na próxima tempada no Leyma Coruña

A Coruña, 16 de xuño de 2020. Carlos Martínez e Leyma Coruña separan os seus camiños despois de dúas tempadas de Carlos como laranxa. No verán de 2018 chegou á súa cidade natal procedente de Club Baloncesto Clavijo, para converterse nun referente no conxunto coruñés. Comezaba a súa segunda etapa no Leyma Coruña, xa que fora xogador do club en categorías inferiores, antes de pór rumbo a Baskonia. Durante a primeira tempada unha inoportuna lesión no seu pé que lle obrigou a pasar polo quirófano interrompeu un gran inicio de tempada, recuperándose para axudar ao equipo na clasificación final nunha tempada moi dura.

Tras dúas tempadas no primeiro equipo, hoxe anunciamos a súa despedida, e o club en nome de toda a #FamiliaNaranja quere trasladarche o seu agradecemento por estes anos de compromiso e entrega, e desexar moito éxito no futuro. O Basquet Coruña sempre será a túa casa.

Sexan Smith o xogador español que debutou este ano como profesional no equipo laranxa, tampouco competirá a próxima tempada ás ordes de Sergio García. Durante a súa tempada na Coruña deixounos imaxes indelebles na retina das súas ?voos? en #OFORNODE RIAZOR. Estamos seguros de que o seu crecemento profesional seguirá sendo exponencial e seguro que os nosos camiños se cruzarán no futuro. Moitas grazas por este ano e moitísima sorte no futuro.

Ata pronto Carlos e Sexan.