Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 08/07/2019 11:00

Carlos Martinez, renova o seu contrato co Leyma Coruña.

Carlos Martinez, renueva su contrato con el Leyma Coruña.

O xogador coruñés é o cuarto xogador que renova o seu contrato co club herculino. Hai un ano por estas datas, o Leyma Coruña felicitaba ao xogador polo seu retorno ao club que lle viu nacer tras destacar nas categorías inferiores e ser chamado a continuar a súa formación na poderosa canteira do Baskonia. Hoxe o club anuncia a súa renovación na que será xa a súa cuarta tempada na Leb Ouro aos seus 23 anos.

Carlos é xogador novo en progresión de 2.00m que ocupa a posición de beirado, aínda que pode desenvolver outras funcións no perímetro xa que na súa etapa de formación ocupou todas as posicións exteriores xogando mesmo de base. Trátase dun xogador intelixente e con boa visión de xogo, o que lle permite en defensa ter unha boa lectura defensiva, axudar na captura do rebote e anticiparse para roubar balóns. En ataque manexa ben o balón, ten boa lectura de xogo que lle permite adquirir vantaxes e moi bos fundamentos. Nos últimos anos progresou no seu tiro exterior elevando paulatinamente o seu acerto. A pasada tempada promedió 14.3 minutos por partido achegando 4.7 puntos e 2.4 rebotes en 23 partidos disputados debido a unha lesión que lle tivo fóra dos terreos de xogo case un terzo da tempada e que minguou o seu rendemento. De face á nova tempada, o club espera que lle respecten as lesións para que poida continuar o seu crecemento como xogador e gañar cada vez máis peso no primeiro equipo.

Para o Leyma Coruña contar con Carlos no equipo é un motivo de satisfacción polo que representa: un xogador de canteira que se consolida no primeiro equipo e que compaxina con éxito o deporte profesional e os estudos universitarios. O club quere destacar tamén a súa predisposición a participar en actividades que o club realiza cos máis novos. Por todo iso, o Leyma Coruña quere agradecer a Carlos o seu interese e disposición para continuar formando parte da #FamiliaNaranja, quere pedirlle que siga esforzándose para continuar o seu crecemento como xogador, e desexarlle que realice unha excelente tempada.

Vémonos pronto en #OFornoDeRiazor.

Campaña de Abonados 19/20.

A comunicación da renovación de Carlos Martinez coincide coa apertura da campaña de abonados para a tempada 2019/20. Baixo o hastag #ETíDeQuenVesSendo? o club espera unha acollida moi positiva dos afeccionados enunciando a resposta ?da #FamiliaNaranja? que sirva para mobilizar e animar cada vez a máis persoas a achegarse a un espectáculo tan apaixonante e nun ambiente tan animado como o do baloncesto.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor