Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Equipos base | 12/06/2016 13:48

Calasancias gana a Universitario (58-51) nun duelo de alternativas

Calasancias gana a Universitario  (58-51) en un duelo de alternativas

Calasancias xogará a final de Copa Primavera ante Básquet Coruña Leyma 00 tras un intenso encontro (51-58)

O duelo comezaba cun ritmo alto por parte de ambos os conxuntos, sobre todo Calasancias, cómodo nas transicións rápidas e liderada nestes compases por Lucía. Pola súa banda, Universitario de Ferrol facía valer a súa superioridade na pintura da man de Ana. A igualdade na pista reflectíase tamén no marcador e finalizaba o primeiro cuarto con táboas (12-12).

O segundo acto seguía idéntico guión, cos dous conxuntos mostrando sobre a cancha un baloncesto de ritmo frenético, aínda que no que tamén se sucedían as imprecisións. A maior porcentaxe anotadora de Calasancias favorecía que o conxunto colexial, que se ía por diante ao descanso (29-25).

Tras o paso por vestiarios, chegaban os mellores minutos de Universitario Ferrol, que cunha achega coral e comandados por María, lograban empatando a contenda (33-33). As dúas escuadras repartíanse os golpes en forma de canastras, pero un par de ataques de novo moi rápidos de Calasancias distanciábanas no marcador (43-38). Chegaba o acto definitivo.

Tras varios minutos de escasa anotación, e cos dous equipos medindo e calibrando os seus últimos esforzos, volvía un novo arreón de canastras. Calasancias trataba de pór terra polo medio cun triplo de María, que era contestado pola súa homónima en Universitario, tamén María (52-44). A pesar da distancia no marcador, o equipo ferrolán continuaba tentando achegarse.

Mentres, Calasancias administraba minutos e enerxías, favorecido pola renda lograda. Ao final, triunfo de Calasancias, que se enfrontará na final desta tarde ás 18 horas ao noso Básquet Coruña Leyma 00. Esperámosvos a todos en Riazor 2!

 

Calasancias-Universitario de Ferrol (51-58)

Calasancias: Sofía, Sara, Samoha, Patricia, Cris, María, Lucía, Berta, Paula, Noelia e Vicky.

Universitario de Ferrol: Nuria, Natalia, Ana, María, Marta, Lucía, Fani, Paula e Marta.

Parciais: 20-18, 9-13, 14-13 e 15-13.

Incidencias: Encontro correspondente á segunda semifinal de Copa Primavera Cadete Feminino ante algo máis de medio centenar de espectadores.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor