Bo ritmo nas inscricións do XIX Campus Mileniun

Tras as dúas primeiras semanas de inscricións do XIX Campus Mileniun, a actividade xa cubriu algo máis da metade das prazas ofertadas.

O Campus Mileniun é unha actividade dirixida a niñ@s de entre 5 e 16 anos que desexan iniciarse e perfeccionar o seu nivel de baloncesto. Durante o Campus desenvólvense adestramentos técnicos, ademais dunha chea de actividades pensadas para converter estas dúas semanas nunha gran experiencia.

Lembramos que o prazo de inscrición para esta edición do Campus finaliza o 20 de xuño ás 13 horas, a condición de que, non se cubran as 150 prazas ofertadas.

O prezo da actividade é de: 

130 euros máis 55 euros de comida e merenda para xogadores do Club Básquet Coruña, Colexios, Clubs vinculados e comunidade UDC

150 euros máis 55 de euros de comida e merenda para o resto de participantes.

Participantes con prezo especial*: 185€ (130€ matrícula + 55€ comida)

No caso de inscribirse un 2º irmán, terá un desconto dun 10% na matrícula, así, con prezo especial o importe final sería*: 172€ (117€ matrícula + 55€ comida)

Outros Participantes 205€ (150€ matrícula + 55€ comida)

2º irmán de participantes non suxeitos a prezo  especial: 190€ (135€ matrícula + 55€ comida)

 

*Para xogadores do Club Básquet Coruña, Colexios, Clubs vinculados, comunidade UDC e entidades colaboradoras.