Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 14/04/2016 12:42

Benjamines e alevíns laranxas participarán no CETI local deste sábado

Benjamines y alevines naranjas participarán en el CETI local de este sábado

Preto dunha vintena dos nosos máis novos xogadores e xogadoras participarán este sábado 16 de abril nun novo CETI local que a Federación Galega de Baloncesto celebrará na Coruña, na pista de Agra II, na avenida Manuel Murguía.

Nesta ocasión, os deportistas convocados para adestrar baixo as directrices e seguimento do corpo técnico da FGB pertencen ás categorías alevín de primeiro ano (nacidos en 2005), benjamín de segundo ano (2006) e benjamín de primeiro ano (2007).

Por parte do Club Básquet Coruña foron chamados:

Alevíns primeiro ano

Branca Fernández Morazás, Pomba López-Keller Fernández, Andrea López Pedreira, Anxo Casais Romeu, Mauro Gonta Gómez, Rubén Catoira Pertiagudo e Nicolás Lozano López.

Benjamines segundo ano

Olivia Paro Souto, Usue Valencia Yrribaren, Carolina Gómez Igrexas, Eugenia Sánchez Castelo, Roi Comesaña Seoane, Hugo Piña Ferreiro e Aaron Souto Sande.

Benjamines primeiro ano

Alba García Barreira, Antón Lorenzo Portela, Xoan Eiras Bouzo, Daniel Villar García e Gonzalo Vazquez Rodríguez.

As sesións de adestramento terán lugar desde as 18:00 horas da tarde ata as 20:30 horas, segundo a seguinte distribución horaria:

Nacidos en 2007 masculino e feminina e nados en 2006 masculino: de 18:15 a 19:15 horas no Polideportivo Agra 2

Nadas en 2006 feminina e nados en 2005 masculino e feminino: de 19:30 a 20:30 horas no Polideportivo Agra 2

Parabén aos nosos xogadores e xogadoras! Seguro que deixaredes ben alto o listón do sentimento laranxa.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar