Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 03/03/2018 18:00

BC Leyma I á seguinte fase como primeiras de grupo

BC Leyma I  a la siguiente fase como primeras de grupo

As nenas do BC LEYMA I clasifícanse como primeiras de grupo para disputar a segunda fase da liga, a cal dá acceso á fase de ascenso a 1ª división infantil feminino

Despois de medio agosto adestrando, disputaron a fase previa en setembro e non conseguiron a praza en 1ª división, tras gañar a CBPS e caer contra PBB e Arxil, as mozas do BC Leyma I continuaron os seus adestramentos e partidos na 2ª división infantil feminino.

O esforzo e o traballo adoitan acabar tendo a súa recompensa co paso do tempo. Adestramento a adestramento e partido a partido, as mozas foron mellorando individual e colectivamente ata finalizar a primeira fase da competición con pleno de vitorias. As mozas adestradas por Germán e María conseguiron ir aos poucos levando a cabo o xogo proposto, co esforzo, a concentración e a diversión como bandeira do equipo

Tamén houbo tempo para a desconexión e para a implicación das familias na dinámica do equipo (amén do día a día, levando ás nenas a adestrar e animando sen parar en cada partido e evento) co partido de Nadal entre xogadoras e familiares.

Polo medio, participaron no Torneo Benvido 2018 en Lugo, organizado polo Porta XI Ensino, no cal se enfrontaron a diferentes rivais (dous equipos de BBCA e Compañía de María de Santiago) e conseguiron despregar por momentos o seu mellor xogo da tempada para finalizar impóndose en todos os partidos disputados.
Nesta segunda fase, as mozas do C Leyma I enfrontaranse a Calasancias, Tirso de Molina de Ferrol e ao equipo vencedor do partido Montrove-Compañía de María A (o cal se clasificará como mellor segundo da competición) nunha liga a dobre volta. As datas de competición serán o 18 e 25 de marzo e 8, 15, 22 e 29 de abril. De aquí sairán dous equipos clasificados para a Fase de Ascenso a 1ª división a nivel autonómico.

Moito ánimo para as mozas e os seus adestradores, que sigan divertíndose e esforzándose cada día para continuar mellorando como xogadoras e como equipo.

Antía Porta, Marta Maior, Candea Rodríguez, Laura Díaz, Andrea López, Martin Gutiérrez, Carolina Varela, Irati Caínzos, Branca Fernández, Noelia Cedo, Aldara Vaamonde, Gabriela Biscaíño, Lucía López e Carmen Vázquez
Adestradores: Germán Lozano e María Gras









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city