Basquet Coruña S.A.D. presenta a documentación para inscribirse en LEB Ouro

O club Básquet Coruña S.A.D. presentou a documentación ante a FEB, en tempo e forma, despois de cumprir os requisitos esixidos pola federación para poder inscribirse unha tempada máis, a 2020-2021, na segunda categoría do baloncesto español.

Desta forma, a entidade laranxa continúa preparando con ilusión unha nova tempada, a novena consecutiva na liga LEB ouro. Tras a renovación do adestrador Sergio García, e as fichaxes de Taiwo Badmus e Javi Veiga, o club coruñés segue traballando na confección do persoal.

Así mesmo, o club está a esperar información oficial en relación ao aforamento para así poder comezar a campaña de abonados.