Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Equipos base | 16/10/2018 13:49

Básquet Coruña Leyma S 62 ? 82 Peleteiro Café Bar A Alba: Estrea con derrota para o noso equipo sénior feminino.

Básquet Coruña Leyma S 62 – 82 Peleteiro Café Bar El Alba: Estreno con derrota para nuestro equipo sénior femenino,

Arrincaba mellor o partido Peleteiro, que con algún roubo de balón e rápidas transicións tomaban as primeiras vantaxes, cun parcial 0-8 que obrigaba ao técnico local a parar o partido (0-8 min 2).

As nosas non acababan de facer ao ritmo do partido, e a pesar do acerto de Andrea desde o perímetro, e a irrupción positiva en pista Cris, as distancias seguían en aumento, ata un máximo de +22 para as compostelás. Unha canastra da base júnior laranxa deixaba a diferenza en vinte, e malas sensacións para o Básquet Coruña (10-30 min 10).
Melloraba o equipo laranxa a partir do segundo cuarto. Paso adiante en defensa, só concedendo unha canastra en xogo posicional durante o seguintes dez minutos, e con un ataque máis agresivo e vertical.

Comezaban a sumar as interiores, con puntos de Patri e Paula, que se convertía xunto a Cris no referente ofensivo neste parcial. O acerto desde o 6,75 axudaba a recortar diferenzas no electrónico, e a atopar un xogo máis coral. +13 para as visitantes ao descanso, que vían como a súa vantaxe minguaba ante o bo xogo local (29-42 min 20).

Tras o paso por vestiarios, o ritmo cortábase lixeiramente. O descanso duraba máis de o normal debido aos problemas co marcador, e tíñase que xogar toda a segunda parte sen ver o tenteo.
Aínda así, o Básquet seguía competindo de ti a ti coas compostelás, con bos minutos de Patri Tomei na pintura, e atopando un quinteto en pista que sostiña o nivel defensivo do segundo acto.

As de García, no entanto, recuperaban o seu acerto no tiro, e lideradas por Lucía Carabán non permitían que as nosas baixasen da barreira de 10 puntos. 5 puntos consecutivos de Carabán nos últimos instantes do terceiro período elevaban a renda visitante ata os 17 puntos (44-61 min 30).

O Básquet saía decidido a dar a batalla no cuarto período, e cun triplo de Andrea e bos minutos ofensivos doutra das nosas júnior, María, volvían achegarse ata os 12 puntos, tentando engancharse ao partido (52-64 min 33).
Aparecía neses momentos o bo facer e a calidade das visitantes, que cun triplo de Carabán sobre a bucina, e o seu acerto desde o tiro libre, facían imposible a remontada de as laranxas.

No tres últimos minutos, o xogo local decaía en intensidade, tras o esforzo dos minutos anteriores, o que aproveitaba Peleteiro para ampliar a súa vantaxe, e finalmente levar o triunfo por 20 puntos de diferenza (62-82 min 40).

Xusta vitoria do Peleteiro, ante un Básquet Coruña, que foi de menos a máis no partido, e que deixou durante moitas fases síntomas positivos.
Próxima xornada Maristas Coruña ? Básquet Coruña Leyma S: domingo 21, 17:00 horas, Colexio Maristas.

Básquet Coruña Leyma S: Elena Ramil (1), Andrea Torrado (15), Miriam Noguerol (2), Paula Ferreiro (10), Marta Pastoriza (-) ? 5 inicial ? Cris Fojo (14), Katia García (5), María Veiga (7), Sofía Lesta (-), Patri Tomei (6), Mariña Carballal (-)

Peleteiro Café Bar A Alba: S. Carreira (11), A. Rei (17), C. Domínguez (12), X. Willisch (10), L. Carabán (25) ? 5 inicial ? X. Mendes (-), C. Villaverde (4), S. Padín (-), P. García (2).

Parciais: 10-30, 29-42 (descanso), 44-61, 62-82 (final).
Árbitros: Mera e Casares. Sen eliminadas.
Asistencia: 150 espectadores. Palacio dos Deportes (Riazor).

Incidencias: Para este debut, Diego Fernández contaba con 5 baixas: Laura Criado, María Fraga, María Longueira, Karen Núñez e Jéssica Cortés, todas elas por lesión.
Entraban en convocatoria ata tres xogadoras do equipo júnior: Cris Fojo, María Veiga e Mariña Carballal.
Por causas técnicas, o marcador deixou de funcionar a partir do descanso.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor