Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 31/10/2019 10:19

Básquet Coruña homenaxea a CASCO no ?17 partidos, 17 causas? da Xornada 7

Básquet Coruña homenajea a CASCO en el “17 partidos, 17 causas” de la Jornada 7

Coincidindo co partido entre Leyma Coruña e Liberbank Oviedo, o programa "17 partidos, 17 causas" que o club leva a cabo co apoio da Obra Social ?a Caixa?, homenaxeará a CASCO (Comité Cidadán Anti-Sida de Coruña), para tratar de concienciar sobre a loita contra a sida e a exclusión social.


Devandita homenaxe producirase, como vén sendo habitual, durante o intermedio entre o primeiro e o segundo cuarto. CASCO desenvolve accións de prevención cos colectivos de maior risco, ademais de prestar acollida en pisos e no Punto de calor, local con servizos básicos de hixiene, alimentación e sociabilización, co obxecto de favorecer a calidade de vida das persoas máis vulnerables, e especialmente das afectadas por esta enfermidade.


A asociación, nacida por iniciativa dun grupo de persoas enfermas de SIDA e/ou infectadas polo VIH a principios dos 90, conta cun equipo de profesionais que, con voluntarios, desenvolve múltiples programas en prol das persoas enfermas de Sida, así como doutros colectivos en situación de clara vulnerabilidade e exclusión, co apoio de institucións autonómicas e locais. Así mesmo, desenvolven a súa actividade no ámbito das prisións, prestando unha asistencia integral a aspectos legais, de saúde e de inserción.


Desde o Básquet Coruña queremos homenaxear o gran traballo que leva a cabo CASCO e concienciar sobre a importancia da prevención e a non exclusión social das persoas portadoras de VIH.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city