Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/10/2019 17:10

Augustas Peciukevicius: ?Estou preparado?

Augustas Peciukevicius: “Estoy preparado”

Este mediodía foi presentado a novo base da entidade laranxa, Augustas Pe?iukevi?ius. O xogador lituano, mostrouse contento e ilusionado ante ?este novo reto. A pesar de que é un pouco diferente para min, xa que empezo coa tempada empezada, non desde o principio, pero é baloncesto. Estou preparado. Levo xogando 12 anos a nivel profesional?.

En canto á Leb Ouro, Augustas considera que ?é unha liga diferente e boa. Unha liga na que calquera equipo pode gañar a calquera equipo. Podes xogar contra o último clasificado e perder por 20 puntos se non estás concentrado. En canto ás bases, non hai xogadores tan físicos como pode haber noutras ligas, pero se xogadores con moitos recursos e talento, así que é moi esixente?.

Pola súa banda, Sergio García indicou que o perfil de Peciukevicius é diferente ao de Mike, pero ante a lesión do americano, e as vendo as posibilidades que había no mercado, ?eu creo que o seu perfil era moi interesante para nós. Coñece a liga, xogou uns playoffs? e el vainos a dar pulo e presenza física e axudaranos a subir o nivel defensivo?. Así mesmo, o vasco asegura que chegou en moi boa forma, e que está preparado para xogar o domingo.

Por outra banda, Sergio di que afronta o partido fronte a TAU Castelló da mesma forma que os anteriores, a pesar das vitorias. ?Isto é moi longo e o único que queremos é ir gañando partidos. Temos unha oportunidade para facelo mellor. Castelló é un equipo con moito potencial ofensivo. Vai supor un reto, por iso estámonos preparando nos adestramentos para saber responder a eles. A nosa vantaxe, fronte a eles, é que podemos xogar con máis intensidade, e é no que estamos enfocados?. Aínda así, a pesar das vitorias ?non conseguimos nada. Hai que seguir traballando, como equipo. Estamos sobre a marcha crecendo como equipo. Temos unha boa oportunidade para gañar en casa. Queremos facelo ben e é no que estamos centrados?.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar