Actividades | 04/02/2021 11:46
Asperga Asociación será a entidade homenaxeada nos '17 partidos, 17 causas'

Asperga Asociación nace en 2006, ano no que comeza a tecer unha rede de familias e persoas con Síndrome de Asperger co obxectivo de loitar por un futuro de inclusión para as persoas con síndrome de Asperger, da seguinte forma:
- Promovendo a sensibilización e concienciación social da contorna.
- Ofrecendo un centro integral de referencia, no que profesionais especializados deseñen e faciliten servizos de atención e apoio ás persoas con Síndrome de Asperger, onde as persoas con TEA son participantes -activos do seu propio programa de intervención.
- Traballando en rede con outras entidades para sumar esforzos, en pos dun obxectivo común.
- Loitando porque as persoas con síndrome de Asperger sexan cidadáns de pleno dereito.
- Traballando coas persoas con TEA para que tomen o control das súas propias vidas e o futuro do seu colectivo.
- Xestionando responsablemente, con ética e total transparencia co fin de alcanzar as nosas metas.
Asperga é, en definitiva, un espazo común, no que as persoas con Síndrome de Asperger e as súas familias teñen a oportunidade de sumar forzas para defender os intereses do seu colectivo e de acceder a uns servizos profesionais especializados que a administración pública non ofrece. Ademais, Asperga constitúe un punto de encontro no que podemos intercambiar experiencias e apoiarnos todos nese proceso de empoderamiento deste colectivo, no que están envorcados de pleno.
Desde o Básquet Coruña agradecémolas a Asperga o seu labor social de apoio ás persoas que sofren Síndrome de Asperger e ás súas familias.
Debido á situación pandémica que estamos a vivir, Asperga non poderá ser homenaxeada durante o partido por ser a porta pechada. Aínda así, informámosvos de que, con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER (18/02), a Asociación Galega de Asperger (ASPERGA) coa colaboración da Federación Autismo Galicia, presenta un programa de mesa redonda e charlas. Este programa pretende SENSIBILIZAR, VISIBILIZAR e INFORMAR as capacidades e necesidades das persoas con síndrome de Asperger. Todos os actos son gratuítos e públicos, previa inscrición.
https://forms.gle/7EKdiKkDWB4zbgiC8