Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 02/01/2019 20:37

Arrinca a XIII edición do Teresa Herrera de Minibasket

Arranca la XIII edición del Teresa Herrera de Minibasket

A XIII edición do Teresa Herrera de Minibasket arrinca hoxe e mañá con 24 equipos participantes (12 masculinos e femininos), consolidándose como un dos torneos de referencia do noroeste de España en categoría mini. Un evento deportivo promovido polo Concello da Coruña, Galicia Saudable e Deporte Galego e no que colaboran Leyma Natura, Coca Cola, Forno Sanbrandan, Universidade da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

O ano pasado os campións en categoría masculina foron Marín Peixe Galego e a Academia RC Celta en feminina.

Estarán representados, ademais do Básquet Coruña, o organizador, os equipos do Colexio Ecole, Narón, Colexio Leonés, Baloncesto CDP, Instituto Rosalía, Basket Ferrol, Porriño, Baloncesto Feminino León, 6,25 Ponferrada, Carmelitas, Academia Celta, Montrove, Obradoiro e as seleccións galegas 2008 en categoría masculina e feminina.

As instalacións onde se desenvolverán os encontros, que serán en horario de mañá e tarde os dous días, coas finais previstas para o día catro en xornada vespertina, serán: as polideportivas 1 e 2 de Riazor, a do Agra II, Elviña 1 e A Normal (Antiga Maxisterio).

Os equipos organízanse en grupos de tres, tres masculinos e tres femininos, cada un deles composto de catro equipos que xogan un sistema de liga a unha volta, os primeiros de cada grupo e o mellor segundo (obtido por unha liguiña previa entre o catro segundos) disputarán as semifinais, mentres que o 3º e o 4º xogarán por clasificarse do 7º ao 12º, tamén a diario de liguiña entre o tres terceiros e o tres cuartos.

Os equipos poderán aloxarse no Cuartel de Atocha,Hotel Eurostar Cidade da Coruña, Hostal Mar da Prata, Hostal Coruña Mar e Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo), debido ao gran volume de participantes. Mentres a manutención será en E.S. Náutica, cafetaría "O Conser" e no comedor da Normal. En definitiva un gran despregamento loxístico para atender ás novas promesas do baloncesto.

Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. Os adestradores de todos os equipos votarán para elixir ao MVP en categoría masculina e feminina do torneo, que reunirá tanto cualidades técnicas como habilidades sociais como o compañeirismo e o bo comportamento co resto de xogadores.

Convidámosvos a acudir hoxe e mañá ás instalacións deportivas da cidade para gozar do mellor baloncesto mini nunha nova edición deste torneo do Nadal.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city