Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Oviedo 88-70 Leyma Coruña · 07/03/2020 00:00 Oviedo || Senior Masc. 3ªDiv: CB Arteixo Duacode 39-66 Básquet Coruña S · 07/03/2020 16:00 Pazo dos Deportes- Arteixo || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - BBCA Cabo Prioriño · 06/03/2020 21:30 La Normal || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - KFC Costa Artabra · 08/03/2020 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura 73-54 Básquet Coruña Leyma J · 07/03/2020 18:00 Pazo Anexo 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 65-52 Básquet Coruña U17 · 08/03/2020 17:00 Pabellón Colegio Compañía de María || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Santa Maria del Mar Junior · 07/03/2020 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C 86-23 Club Baloncesto Cambre · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 1ªDiv: Club Ourense Baloncesto 73-77 Básquet Coruña C · 07/03/2020 16:00 Pazo Paco Paz || Cadete Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos 77-42 Básquet Coruña Leyma U15 · 08/03/2020 19:00 Municipal de Betanzos || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 65-48 Santo Domingo Betanzos · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 32-69 Maristas Coruña · 08/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes de Lugo Leyma Natura · 07/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I 57-6 Santa Maria del Mar Infanitl · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 49-45 Maristas Champagnat · 07/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL 44-48 Básquet Coruña Leyma U13 · 06/03/2020 19:00 Colegio Esteiro || Infantil Masc. 2ªDiv: C.D Calasanz 33-75 Básquet Coruña U14 · 08/03/2020 10:00 Colegio Calasanz || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 36-64 Jesuitinas · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Servipack Montrove 74-48 Básquet Coruña U12 · 08/03/2020 10:00 Canide-Mera || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria Blanco - Básquet Coruña U12/11 · 07/03/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U13/14 75-25 Compañía de María Azul · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U11 - CB Artai A · 07/03/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Golfiños Sada - BC Cristo Rey Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-1 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: Franciscanos Coruña MAsc - BC Eusebio da Guarda Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 32-76 BC Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 66-73 KFC Culleredo Azul · 08/03/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-2 || Premini Masc. 2ºDiv: CB Artai A - Basquet Coruña U9 · 07/03/2020 09:30 Pazo dos Deportes Arteixo P-2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo Amarillo 36-74 Básquet Coruña Leyma U11 · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Liceo La Paz · 07/03/2020 16:00 Polideportivo de Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Champagnat - Básquet Coruña Inf U14/13 · 07/03/2020 16:00 Colegio Maristas || Premini Fem. 2ºDiv: BC Leyma U10 - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3

Primer equipo | 19/10/2017 18:05

Aranzana cre que o Leyma Coruña terá que estar ao cento por cento para gañar a Carramimbre CBC Valladolid

Aranzana cree que el Leyma Coruña tendrá que estar al cien por cien para ganar a Carramimbre CBC Valladolid

O Leyma Coruña recibe mañá no Palacio dos Deportes de Riazor ás 21 horas ao Carramimbre CBC Valladolid co obxectivo de resarcirse da última derrota ante Unión Financeira Oviedo e tras non poder xogar o anterior choque ante Río Ourense Termal debido á rotura dunha canastra.

"Despois dun partido errado temos gañar de xogar, o bo é que enlazamos dúas semanas de adestramento que non nos viñeron mal, aínda que quereriamos xogar o outro día", matiza Gustavo Aranzana. O técnico valisoletano cualifica o choque de mañá como ?importante? e apela á fortaleza herculina na súa cancha: "Na nosa casa temos que facernos valer, ser un equipo consistente, necesitamos lograr a vitoria".

Advirte que enfronte estará un conxunto que chega tras perder a pasada xornada: "Vén dunha derrota coa que quizá non contaban (ante Sammic Hostalaría) porque en casa pensaron que sacarían o partido. Por iso espero que estean feridos e haberá que saber xestionar as cuestións mentais".

Aranzana encomia ao seu próximo rival: "Valladolid é un equipo que fai moitas cousas ben, ordenado, que traballa ben defensivamente e o rebote, que non encaixa puntos, que non perde nunca a compostura, que ten equilibrio... Non vai ser sinxelo". Admite que hai un "factor emocional" ao tratarse do equipo da súa cidade. "Moitos dos que forman parte do club adestreinos ou lles coñezo, coñezo a Paco (García, técnico do Valladolid) de hai moitísimos anos, pero logo cada un tratará de buscar o mellor para o seu equipo para tentar gañar o partido. O corazón hai que deixalo aparte e hai que pensar cando empezo no encontro, que será unha pelexa dura", indica.

Asegura que o seu equipo está a crecer: "Véxonos mellor, tendo máis continuidade, hai xogadores que están mellor e co estado de forma ideal, recuperamos a Larry, aínda que leva un día de adestramento, e vexo ao equipo preparado e con ganas de facer un bo partido, pero teremos que facer as cousas ao cento por cento, senón imos sufrir moito. Aquí non se gaña fácil a ninguén".

"A liga é moi longa, levamos só tres partidos pero loxicamente hai que sumar vitorias canto antes, non por présas ou porque esteamos nerviosos, senón para seguir desenvolvendo o noso xogo e cumprir obxectivos paso a paso", reseña. Ademais, destaca de Valladolid a xogadores como "Chatman, Alvarado, xogadores exteriores importantes como Graham-Bell e Gantt e interiores como Jito. Tamén está Sergio de la Fuente, que é a engrenaxe de todo: rebotea, tira de tres, corre ao contraataque... É un xogador duro e con moitísimo corazón, aínda que o importante deles é o conxunto, que é o que predomina".

Para poder conseguir a segunda vitoria do curso Aranzana pide ao seu equipo que leve o encontro ao seu terreo. "Temos que pór no campo o partido que nós temos en mente e que traballamos, o guión do encontro é o que nunca debemos perder, pola contra nos descolocamos e cometemos erros".

Con respecto ao novo horario do duelo ante o Río Ourense Termal, aclara que aínda non hai aínda un día fixado: "Estamos a buscar datas, hai que falar coa Federación e antes de que impoña o día hai que buscar unha data".









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city