Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 23/11/2017 10:54

Aranzana aspira a que o Leyma Coruña sexa constante, este unido e manteña a concentración durante o corenta minutos ante Tau Castelló

Aranzana aspira a que el Leyma Coruña sea constante, este unido y mantenga la concentración durante los cuarenta minutos ante Tau Castelló

O Leyma Coruña quere cortar mañá ás 20.45 ante o Tau Castelló as dúas xornadas consecutivas que leva sen coñecer a vitoria. Un obxectivo para o que o técnico afirma que están listos, aínda que non esconde que será complicado. "Estamos preparados, queremos facer un bo partido, aínda que sabemos que será difícil. Eles han gañados dous encontros seguidos (Clavijo e Sammic) e está nun bo momento pero queremos competir, recuperar sensacións e gañar. Iso pasa por facer un bo traballo, sobre todo defensivo, estar unidos, ser duros, constantes e ter moitísima concentración durante o corenta minutos de partido".

Como a semana pasada, para o club laranxa non foi sinxelo adestrar debido ás lesións. "Esta semana tivemos problemas, non contamos con Gilling polo tema das xanelas FIBA, tanto Pablo Ferreiro como Mike Torres estiveron fóra dos adestramentos por enfermidade, non sabemos se van poder xogar e aínda estamos pendentes da alta médica de Larry Abia", enumerou.

O técnico axudouse da canteira para a preparación do choque: "Adestramos con dous junior (Rubén e Samu) que nos viñeron a axudar e estou supercontento", declarou o preparador, que incidiu en que se están recuperados do encontro ante Baloncesto Melilla e son conscientes de terán que "dar ao máximo para sacar un encontro moi importante pero moi difícil porque a liga está moi igualada e non é sinxelo gañar en ningún sitio".

Considera fundamental coller "unha boa dinámica e encadear varios triunfos, que por unha serie de circunstancias" o equipo non está a ter. "Seguimos crendo, creo que estamos no bo camiño o que pasa é que temos que ter un día bo, acerto, que eses tiros liberados metámolos", comentou. Para iso, apostilou que están a tentar "recuperar a todos os xogadores tanto mentalmente como fisicamente. Hai xogadores aos que non lles están saíndo as cousas e non podemos deixar que se afunda, temos que ser todos positivos e remar todos para o mesmo sitio. Preocúpame que caiamos no alarmismo", declarou.

Sobre os seguidores laranxas, só tivo boas palabras. "O outro día (ante Melilla) houbo un ambiente extraordinario, estamos moi agradecidos do comportamento da afección porque estivo aí animando continuamente e mágoa non poder ofrecerlles a vitoria".

En canto ao rival, advirte do seu potencial: "Xoga moi ben a transición de defensa/ataque, mellorado parámetros nos dous últimos partidos, están a facer puntos e correndo moi ben e ten xogadores de moita calidade no tiro exterior. Ademais, Faner e Gatell xogan moi ben continuacións", polo que pide, como sempre, "máxima atención, respecto e concentración para tentar gañar nunha cancha complicada".







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar