Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 25/10/2018 17:17

Aranzana aspira a facer o partido perfecto ante Retabet Bilbao Basket

Aranzana aspira a hacer el partido perfecto ante Retabet Bilbao Basket

O Leyma Coruña recibe mañá ás 20.45 no Palacio dos Deportes de Riazor ao exACB Retabet Bilbao Basket, nun partido que o seu técnico Gustavo Aranzana asume que será difícil e que para gañar terán que dar o cento por cento.

"Un partido moi duro e ante un Bilbao que chega tras unha derrota inesperada. Os que coñecemos a liga e coñecemos da igualdade menos, pero eles seguro que pensaron que gañarían en Huesca. Chegarán máis tocados ou con máis ganas, teremos que facer o partido perfecto, tratando de dominar os taboleiros, non cometer erros nin facilitar chegadas en transicións rápidas e igualar o aspecto físico", declarou.

O preparador valisoletano se dezhizo en halagos cara ao seu rival: "É un luxo para esta competición, con toda a experiencia en ACB, con todo o que foi en competicións europeas. Será partido moi atractivo para o espectador. Evidentemente para nós é un partido de esixencia máxima polo rival e a súa calidade. Contan con dúas bases que controlan ben os tempos, o xogo, xogan pick and roll, os espazos, pasan moi ben ambos, facilitan puntos. Na liña exterior tamén teñen xogadores completos. Brown, Martínez, teñen tiro exterior, corren ben contraataque e logo na liña interior dominan os espazos, o xogo en taboleiros dominan e xogan por encima do aro e creo que son duros. Un equipo que corre moi ben contraataque, zonea ben, capturan rebotes, abren o campo. Unha das virtudes, das moitas que teñen, como a amplitude de persoal, é que moven moi ben o balón, buscan dominar moi ben o xogo interior-exterior. Para min é un persoal super completa e máis coa chegada de Leo Demetrio, pola lesión de Sinica, o que lles complementa moitísimo máis", apuntou.

Sobre o seu equipo recoñeceu que teñen limitacións no persoal" pero que buscan "tentar superalas e dar o máximo". "Esta semana realizamos catro adestramentos medianamente bos, completos, con xogadores. Miso aínda non está ben pero xa nos axuda, vai día a día póndose mellor, completamos sesións con Quinton, que despois de case un mes parado, vai adquirindo a forma na que estaba anteriormente. Seguimos coa baixa de Zach, quédanos para un par de semanas, é fundamental para nós, pero terán que dar un paso adiante tanto Pablo como Braxton, como todos os xogadores", pediu.

Sobre a desfeita ante o CB Prat recoñeceu que foi "un accidente". "Non tiñamos enerxía, nin ritmo. Estamos amolados, porque quereriamos xogar mellor e conseguir a vitoria, pero é auga pasada e temos que tentar recuperarnos e seguir crecendo como estabamos hai un mes e recuperando xogadores", indicou.

Admite que aínda queda moito, que o Leyma Coruña está animicamente ben e con ganas de agasallar á afección cun triunfo. "Temos moitas ganas de facer un bo partido e de brindar unha vitoria á afección, e espero que haxa un ambiente extraordinario. A liga está a empezar, temos que volver enfocarnos na nosa defensa, no noso ritmo rápido, en ser moi agresivos, pero temos que saber que é o quinto partido que imos xogar e que nos queda moito por crecer. O importante é adestrar ben e esta semana puidemos adestrar un pouquiño mellor e a ver se se plasma no xogo. Estamos contentos e esperanzados en gañar a Bilbao, aínda que sabemos que será difícil", resolveu.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city