Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/02/2019 22:56

Aranzana apela a dar a sorpresa ante o Retabet Bilbao Basket

Aranzana apela a dar la sorpresa ante el Retabet Bilbao Basket

Gustavo Aranzana e o Leyma Coruña regresan á competición, tras o receso pola disputa de Cópaa Princesa, e fano para medirse ao Retabet Bilbao Basket, este domingo ás 12 horas no Bilbao Area. Un duelo que afrontan con ilusión e esperando dar a badalada ante un dos 'fanfurriñeiros' da categoría.

"Temos moita ilusión por xogar o partido e facelo ben nun escenario fantástico ante un excelente equipo que ten de todo: físico, xoga ben sen balón, equipo potente, boas rotacións, persoal amplo, executa ben os sistemas, boa lectura do xogo... A dificultade é máxima pero queremos competir, levar o partido ao noso terreo, facer as cousas ben e tentaremos aproveitar se temos opcións. Queremos gañar a un rival complicado", indicou o técnico laranxa.

A pesar da entidade do rival, segundo na táboa cunha bagaxe de 14 vitorias e só sete derrotas, o preparador valisoletano asegura que afrontan con ganas o encontro e sen medo: "Ante estes equipos non podes ter medo, moito respecto, e facer un partido de máxima concentración e mínimos erros, coidando moito os detalles para poder gañar. Queremos competir e dar a sorpresa.

En canto ás baixas, viaxará tocado Quinto Stephens, mentres que Larry Abia, lesionado desde o principio de tempada, empezou xa a traballar co resto do grupo: "Larry entrou xa nos adestramentos, con algún contacto e o que máis problemas presenta é Quinton. Leva o últimos tres días facendo media hora de adestramento, a metade, porque non nos atrevemos a sobrecargarle de actividade. Estará no partido pero non ao cento por cento. Pero o que queremos é que entre na dinámica de xogo, que nos axude e que a súa lesión vaia quedando aos poucos esquecida".

Aranzana tamén tivo palabras para a última fichaxe laranxa, o interior Víctor Serrano, que cos seus 213 centímetros é o teito do Leyma Coruña. O preparador explicou ante os medios de comunicación o que espera do xogador. "É un perfil similar a Araujo, é máis grande, ten máis presenza, o seu rango de tiro é de tres/catro metros e é un xogador que ten experiencia na liga, que sabe o que esperamos del e que vai tentar achegar bloqueos, xogo interior, posto que xoga ben de costas e manexa ben as pernas. Temos que tentar que sexa un bo reboteador e por envergadura, potencia e colocación ten que axudarnos nesa parcela, como facía Jon, que estaba en seis rebotes de media, e esperemos e desexemos que Víctor nos dea máis presenza. Está adaptado, xa adestrou, pero non está ben fisicamente pois tivo un parón, pero aos poucos e xunto a Michael o domingo ese labor de cinco faraa ben. A aprendizaxe dos sistemas foi bo e el está motivado e con moitas ganas de que a súa incorporación sexa moi produtiva para nós", resumiu.

Cre que o parón veu ben e prometeu tanto por parte do corpo técnico do Leyma Coruña como do persoal plantar batalla ata o final para poder acceder ao playoff de ascenso a ACB: "Vimos dun fin de semana de parón, cargamos pilas e fixemos un traballo moi bo este dez días, cousas novas, fortalecido as bases do xogo, melloramos en situacións onde quizá tiñamos máis dúbidas e creo que nos veu ben. Aos xogadores veulle ben para refrescarse e liberarse da tensión, descansar mentalmente e regresaron frescos á última parte da tempada, que é vital e importantísima. O compromiso é máximo e imos deixarnos a alma por gañar o maior número de partidos, iso sen dúbida".








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city