Actividades | 19/12/2020 15:36
APADAN será a entidade homenaxeada na Xornada 10
Este martes día 22, no noso enfrontamento contra Tizona Burgos ás 20:00 horas en #OFornodeRiazor, a entidade homenaxeada nos "17 partidos, 17 causas" da Obra Social A Caixa será APADAN.
APADAN é unha asociación sen ánimo de lucro que desde o ano 2000 dedícase á protección, defensa e recuperación de animais que foron abandonados ou maltratados, en Galicia. Neste ano 2020, que está a piques de finalizar, celebraron o seu 20º aniversario.
Grazas á axuda privada de socios, padriños e simpatizantes, e o traballo voluntario encargado da súa xestión, mantén un refuxio con 100 cans co fin último de atoparlles un novo fogar.
Desde a súa creación, os obxectivos de APADAN son:
- Recoller, atender e coidar aos cans abandonados ou maltratados que chegan ás súas instalacións.
- Tratar de atopar persoas comprometidas e dispostas a proporcionar unha vida mellor a cada un dos cans do refuxio, mediante a adopción ou acollida permanente.
- Sensibilizar sobre a tenencia responsable de animais e evitar o abandono mediante:
- Campañas informativas e actividades educativas.
- A edición de materiais e publicacións.
- O fomento da estirilización de mascotas.
Por último, deixámosvos un vídeo mostrando o seu lavbor durante estes 20 anos: https://www.youtube.com/watch?v=HxMBVTVg8Nk