Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 02/07/2020 18:52

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE JUNTA GENERAL EXTRAORDINARIA  DE ACCIONISTAS

Por acordo unánime do Consello de Administración de Club Basquet Coruña, S.A.D. (a "Sociedade") de data 9 de marzo de 2020, en cumprimento do disposto nos estatutos sociais da Sociedade, e de conformidade coa vixente Lei de Sociedades de Capital, convócase aos accionistas da Sociedade á Xunta Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 31 de xullo de 2020, ás 20:00 horas, en Sálgaa Cultura do Sporting Club Casino, rúa Real, 83, 1ª planta, A Coruña, en primeira convocatoria; e, de ser necesario, ás 20:00 horas do día 1 de agosto de 2020, en segunda convocatoria, neste caso na sede da Sociedade (presumiblemente a Xunta celebrarase en primeira convocatoria), de acordo co seguinte

Orde do día

1. Informe do Presidente.

2. Fixación do número de membros do Consello de Administración.

3. Elección individualizada dos membros do Consello de Administración. Aceptación de cargos.

4. Creación dunha páxina web corporativa nos termos do artigo 11 bis da Lei de Sociedades de Capital.

5. Rogos e preguntas.

6. Lectura e aprobación da Acta da Xunta ou, no seu caso, designación de dous socios como interventores para a aprobación da mesma xunto co Presidente da Xunta Xeral.
Ao finalizar a reunión, procederase á entrega aos señores accionistas dos títulos representativos das accións subscritas durante o proceso de transformación, así como o obxecto conmemorativo da súa condición de ?Accionista Fundador?, neste caso para todos aqueles que subscribisen un mínimo de 5 accións.

Dereito de información:
De conformidade co previsto nos artigos 197 e concordantes da Lei de Sociedades de Capital, calquera accionista, a partir da presente convocatoria, poderá solicitar do Consello de Administración as informacións ou aclaracións que estimen precisas acerca dos asuntos comprendidos na orde do día, ou formular por escrito as preguntas que estimen pertinentes nos prazos e termos do artigo 197 da Lei de Sociedades de Capital.

Dereito a complementar a orde do día:
De conformidade co artigo 172 da Lei de Sociedades de Capital os accionistas que representen polo menos o cinco por cento do capital social poderán solicitar que se publique un complemento á presente convocatoria. O exercicio destes dereitos deberá facerse mediante notificación fehaciente que haberá de recibirse no domicilio social dentro do cinco días seguintes á publicación desta convocatoria.

Dereito de representación:
Todo accionista poderá outorgar a súa representación a outra persoa, aínda que non sexa accionista, para asistir á Xunta Xeral cumprindo os requisitos e formalidades esixidas polos estatutos sociais e a Lei. A representación deberá conferirse por escrito ou por medios de comunicación a distancia que cumpran cos requisitos establecidos na Lei de Sociedades de Capital para o exercicio do dereito de voto a distancia e con carácter especial para cada xunta. Entenderase que a presenza do accionista na Xunta Xeral revoga dita representación.

A Coruña, a 29 de xuño de 2020.- O Secretario do Consello de Administración da Sociedade, D. Enrique Muñoz Lagarón.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city